En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Concello de Cervo.
NIF: P2701300B.
Expediente: DH.W27.92758.
Lugar: Quintás.
Parroquia: Sargadelos e Cervo.
Concello: Cervo.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas son as recollidas no proxecto de urbanización do PEID da estrada a Quintás no concello de Cervo (Lugo), que inclúe obras como o acondicionamento e mellora da estrada con modificación do seu trazado, a rede de servizos e a construción dunha nova ponte sobre o río Xunco, con afección ao dominio público hidráulico, á zona de servidume e á zona de policía do río Xunco.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 29 de maio de 2025
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
