
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador.
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).
4. Código NUTS da localización principal das obras: ES114 Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de ampliación da rede de saneamento de Torrevella. Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) (expediente AUG-2024-0109).
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 243.635,41 euros. Importe total: 294.798,85 euros.
8. Valor estimado do contrato: 243.635,41 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 21 de marzo de 2025.
12. Número de ofertas recibidas.
12.1. Ofertas totais: 11.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 10.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 1 de abril de 2025.
14. Empresa contratista.
14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Construcciones Enrique C. Casas, S.L.
14.2. NIF: B36147429.
14.3. Enderezo: A Barcia, 4, Marcón, 36158 Pontevedra.
14.4. Código NUTS: ES114.
14.5. Correo electrónico: oficina@eccasas.es
14.6. Fax: 986 87 03 40.
14.7. Teléfono: 663 74 99 02.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada.
Iimporte neto: 228.773,65 euros. Importe total: 276.816,12 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.
A actuación encádrase dentro do PEPAC na Intervención 6872_ Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais e Subintervención 68720_05_ Augas. Abastecemento e saneamento,
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfono: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións.
– Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 28 de xuño de 2024.
– Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 24 de marzo de 2025.
– Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 7 de abril de 2025.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
