DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32790

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO da aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura, por concurso-oposición, dunha praza de auxiliar administrativo/a, área de Administración xeral, escala de administración xeral.

A Alcaldía do Concello de Carral, a través do Decreto 177/2025, do 16 de abril, unha vez avocadas as competencias delegadas na Xunta de Goberno Local, resolveu aprobar as bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario de carreira da área de Administración xeral, escala de administración xeral, grupo C, subgrupo C2, coa denominación de auxiliar administrativo/a, cuxa provisión se regula a través de concurso-oposición en execución da oferta de emprego público ordinaria do ano 2024 publicada no BOP nº 247, do 24 de decembro, e no DOG nº 251, do 31 de decembro.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Carral, 23 de abril de 2025

Francisco Javier Gestal Pose
Alcalde