DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle na vía transversal á rúa Chantada (rúa Roberto Martínez Andrade).

O Pleno da Corporación na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de maio de 2025 prestou aprobación definitiva ao estudo de detalle na vía transversal á rúa Chantada (rúa Roberto Martínez Andrade).

O contido íntegro do estudo de detalle está dispoñible no seguinte enderezo https://monfortedelemos.sedelectronica.es/board

Monforte de Lemos, 2 de xuño de 2025

José Tomé Roca
Alcalde