DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2025 Páx. 32792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xove

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha (1) praza de persoal de limpeza viaria (persoal laboral fixo).

No BOP de Lugo número 111, do 16 de maio de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir as seguintes prazas:

A) Persoal laboral fixo:

Denominación: persoal de limpeza viaria.

Grupo: AP.

Núm. de prazas: 1.

Duración do contrato: laboral fixo a tempo completo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.

Xove, 16 de maio de 2025

José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde