De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida ou porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 23 de maio de 2025
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
CON-PO-0056/2025 |
77413872N |
Resolución |
Polo director territorial |
