DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2025 Páx. 33002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-03/2025-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 23 de maio de 2025

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

ANP-OU-03/2025-V

39733725Y

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-05/2025-V

34630815Z

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-04/2025-V

76746997E

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-21/2025-V

76726087L

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora