O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
• Documento informativo no procedemento de revisión da autorización ambiental integrada.
Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, a documentación estará a disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Categoría principal da actividade: 9.3.a) (Instalacións gandeiras dedicadas á cría e ceba, en explotacións intensivas, de todo tipo de aves, tanto para a produción de carne coma para a produción de ovos ou para reprodución).
Titular: Avícola de Xunqueira, S.L.
NIF: B70464706.
Domicilio social: Travesa da Gaiteira, núm. 9, baixo, 15009 (A Coruña).
Enderezo da instalación: Porto das Bestas, s/n, Pardeconde, 32730 Xunqueira de Espadanedo (Ourense).
Actividade principal: explotación avícola de pavos de ceba.
Descrición: a explotación ten unha capacidade máxima de 76.344 pavos de ceba dispostos en 5 naves. A instalación conta con silos de penso, dous depósitos de gas para abastecer o sistema de calefacción, un grupo electróxeno e paneis fotovoltaicos. Ademais dispón de 2 esterqueiras situadas na propia explotación.
Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos da instalación son recollidas nun depósito estanco de 2,5 m3. As augas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas en fosas estancas de 3 m3/unidade, e a auga dos arcos de desinfección conducirase a un depósito estanco de 2,5 m3. Todos os depósitos estancos serán baleirados por un xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.
Control de esterco: o esterco xerado será valorizado no campo coma fertilizante orgánico.
