Unha vez intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non se puido efectuar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento de documentación á persoa interesada.
A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, 15, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, tamén se lle comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presenta a documentación que se lle require no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, darase por desistida da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
|
Procedemento Nº de expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
|
PR905A 2025/101 |
56120031P |
Requirimento |
19.3.2025 |
