DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2025 Páx. 33045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de San Tomé de Nogueira (Meis) e San Xoán de Poio (Poio) (expediente DC22067).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de San Tomé de Nogueira (Meis) e San Xoán de Poio (Poio), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de San Tomé de Nogueira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Tomé de Nogueira (Meis) e a CMVMC de San Xoán de Poio (Poio).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC do Castrove e Regresol (ID Monte: 2827) da CMVMC de San Tomé de Nogueira.

– MVMC de San Xoán de Poio (ID Monte: 3003) da CMVMC de San Xoán de Poio.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

• Acta do deslindamento do 6.9.2022.

• Acta de conciliación núm. 4/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Poio, do 24.3.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de San Tomé de Nogueira coa conformidade do presidente do 20.3.2023 da aprobación na asemblea xeral do 11.2.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de San Xoán de Poio coa conformidade do presidente do 30.11.2022 da aprobación na asemblea xeral do 27.11.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 28.6.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia e modificada o 7.1.2025.

Informe de validación gráfica catastral cos CSV: S5DC8FB33WA35GTR e P6A547725QF5S6VF.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 405 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 01: X: 525.235,06; Y: 4.703.036,78

Punto 02: X: 524.965,53; Y: 4.703.126,53

Punto 03: X: 524.853,75; Y: 4.703.171,91

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe linde entre ambas e non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por un único tramo. O punto 01 é coincidente co punto 1 do expediente DC22050 (deslindamento entre a CMVMC de Curro e a CMVMC de San Tomé de Nogueira) e co punto 01 do expediente DC22049 (deslindamento entre a CMVMC de Curro e a CMVMC de San Xoán de Poio). Neste punto converxen a CMVMC de San Tomé de Nogueira, a CMVMC de San Xoán de Poio e CMVMC de Curro.

O punto 03 é coincidente co punto P01 do expediente DC22066 (deslindamento entre a CMVMC de San Tomé de Nogueira e a CMVMC de San Vicente de Nogueira) e co punto P02 do expediente DC22064 (deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio). Neste punto converxen a CMVMC de San Tomé de Nogueira, a CMVMC de San Xoán de Poio e a CMVMC de San Vicente de Nogueira.

A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio.

A liña do deslindamento produce as seguintes modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación:

– A CMVMC de San Tomé de Nogueira presenta un axuste desde o punto inicial 01 coincidente co deslindamento DC22050 e un axuste desde o punto final 03 coincidente co deslindamento DC22066.

– A CMVMC de San Xoán de Poio presenta un axuste o punto inicial 01 coincidente co deslindamento DC22049 (modificado de oficio para respectar o esbozo da CMVMC de Campañó) e outro axuste desde o punto final 03 coincidente co deslindamento DC22064.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de San Tomé de Nogueira (Meis) e a CMVMC de San Xoán de Poio (Poio), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 21 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra