O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de San Vicente de Nogueira e San Tomé de Nogueira (Meis), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas:
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de San Vicente de Nogueira presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira e a CMVMC de San Tomé de Nogueira, ambas no concello de Meis.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Castrove e Regresol (ID: 2827) da CMVMC de Santo Tomé de Nogueira.
– MVMC de Castrove, Rías, Cairo, Andeón e Seara (ID: 2828) da CMVMC de San Vicente de Nogueira.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 26.9.2022.
– Acta de conciliación núm. 03/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Meis, do 12.4.2023.
– Certificado do 27.2.2023 da secretaría da CMVMC de San Vicente de Nogueira coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 23.12.2022.
– Certificado do 20.3.2023 da secretaría da CMVMC de San Tomé de Nogueira coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 11.2.2023.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 26.6.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. As emendas posteriores producen a súa modificación.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: C5042C2X0VP1ERRQ.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.871 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01: X: 524.853,75; Y: 4.703.171,91
Punto P02: X: 524.867,10; Y: 4.703.222,31
Punto P03: X: 524.903,80; Y: 4.703.473,48
Punto P04: X: 525.018,61; Y: 4.704.119,53
Punto P05: X: 524.987,13; Y: 4.704.139,90
Punto P06: X: 524.956,50; Y: 4.704.173,59
Punto P07: X: 524.840,54 Y: 4.704.263,36
Punto P08: X: 524.797,71; Y: 4.704.299,57
Punto P09: X: 524.678,25; Y: 4.704.447,02
Punto P10: X: 524.596,00; Y: 4.704.565,15
Punto P11: X: 524.532,79; Y: 4.704.679,98
Punto P12: X: 524.501,53; Y: 4.704.777,44
Punto P13: X: 524.442,05; Y: 4.704.985,33
Punto P14: X: 524.434,85; Y: 4.705.024,72
Punto P15: X: 524.399,62; Y: 4.705.289,60
Punto P16: X: 524.363,62; Y: 4.705.523,51
Punto P17: X: 524.285,42; Y: 4.705.815,79
No traballo de gabinete establécense tres puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público hidráulico (PS01, PS02 e PS03), polo que neste tramo non existe linde entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente):
Punto PS01: X: 524.923,54; Y: 4.703.586,21
Punto PS02: X: 524.925,04; Y: 4.703.594,78
Punto PS03: X: 524.435,35; Y: 4.705.021,98
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña límite entre as dúas comunidades de montes correspóndese co trazado da devasa que discorre entre os puntos P01 a P16 e pola pista forestal ata chegar ao punto P17 no linde coas propiedades particulares.
O punto P17 non invade a parcela de titularidade catastral particular 36028A12100808, o dito punto sitúase no marco de formigón que delimita a propiedade particular. A parcela catastral 36028A12100406 non está afectada polo deslindamento, na ortofoto apréciase como a dita parcela está recuada con respecto á cartografía catastral (o deslindamento trazouse pola pista forestal). Quedan xustificadas pola imprecisión da cartografía catastral.
O punto P01 é coincidente co punto P02 do expediente DC22064 (deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio) e co punto P03 do expediente DC22067 (deslindamento entre a CMVMC de San Tomé de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio). Polo que o punto P01 é o punto en que converxen a CMVMC de San Vicente de Nogueira, a CMVMC de San Tomé de Nogueira e a CMVMC de San Xoán de Poio.
O deslindamento está formado por 3 tramos:
Tramo 1: do punto P01 ao punto PSS01.
Tramo 2: do punto PS02 ao punto PS03.
Tramo 3: do punto P14 ao punto P17.
A liña do deslindamento non respecta a liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de San Tomé de Nogueira: presenta un axuste no punto P01 coincidente co deslindamento DC22067 e desde o punto P17 presenta un axuste que pecha a liña de deslindamento coa cartografía existente.
– CMVMC de Vicente de Nogueira: presenta un axuste no punto P01 coincidente co deslindamento DC22064 e desde o punto P17 presenta un axuste que pecha a liña de deslindamento co deslindamento DC22065 (deslindamento entre a CMVMC de San Vicente de Nogueira e a CMVMC de San Salvador).
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC San Vicente de Nogueira e a CMVMC de San Tomé de Nogueira, ambas no concello de Meis, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 21 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
