A Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, dispón na base II.1.1.2. que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a finalización do exercicio anterior.
O anterior exercicio realizouse o día 26 de abril de 2025.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, en vinte (20) días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
