DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2025 Páx. 33172

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 4 de xuño de 2025 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto traballo convocado mediante a Orde do 8 de abril de 2025 (código do posto EC.302.00.001.15770.001).

Mediante a Orde do 8 de abril de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 22 de abril de 2025, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Orde desta consellería do 8 de abril de 2025, no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa da súa Administración de orixe.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles fosen concedidos ás persoas designadas. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da data de alta.

Terceiro. A Xefatura de Persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Meghazi, Farrah Lisa.

DNI: ***7683**.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: EC.302.00.001.15770.001.

Denominación: subdirector/a xeral de Promoción Industrial e Solo Empresarial.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.