DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2025 Páx. 33286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución dos apoios LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 23 de maio de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/550-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36900A270000950000LD

Descoñecido

23 de xuño de 2025

2025/54/184

2

36900A270000960000LX

Descoñecido

23 de xuño de 2025

2025/54/185

3

36900A269004430000LW

Descoñecido

23 de xuño de 2025

2025/54/186