No Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 31 de xaneiro de 2025, publícase a Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C).
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2025.
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
De conformidade coa disposición adicional segunda, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da Dirección Xeral de Cultura para resolver a concesión, a denegación, a modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde.
Tal e como establece o artigo 15 da orde o prazo máximo para ditar e notificar aos interesados a resolución expresa non poderá superar os cinco meses, segundo establece o artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Ademais, en aplicación do artigo 16 da orde de convocatoria, a resolución de adxudicación será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
Así mesmo, e en aplicación do artigo 17, serán igualmente obxecto de publicidade a través do Portal de cultura da páxina web da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, https://www.cultura.gal/gl/servizos e do Portal de museos de Galicia, https://museos.xunta.gal
Unha vez instruído o procedemento e tras a proposta de Resolución do 30 de abril de 2025, o órgano competente emite a resolución das subvencións convocadas.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 3 de xuño de 2025, de concesión de subvencións destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C), que se xunta como anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 3 de xuño de 2025, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela se podera interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Terceiro. Comunicar que a resolución de adxudicación será notificada mediante esta publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 3 de xuño de 2025 de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C)
Feitos:
1. O 31 de xaneiro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 21 a Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C).
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2025.
2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, recibiuse un total de 33 solicitudes das que 19 son de entidades privadas sen fin de lucro e 14 de entidades locais.
Unha vez examinada a documentación e formulados os requirimentos necesarios, procédese a avaliación das solicitudes nas reunións da Comisión Técnica de Avaliación realizadas os días 10, 12 e 13 de marzo e 2 e 9 de abril de 2025.
3. O 21 de maio de 2025 a Comisión Técnica de Avaliación emite informe de avaliación segundo o regulado no artigo 13.3 da Orde de convocatoria.
4. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obtívose unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases da convocatoria.
Fundamentos xurídicos:
1. A Orde do 28 de decembro de 2024 establece as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT110C).
2. Para o financiamento destas subvencións existe un crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2025, cunha contía total de 200.00,00 euros (200.000,00 €), que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 nas aplicacións orzamentarias 13.03.432A.760.4 (100.000,00 €) e 13.03.432A.781.2 (100.000,00 €).
3. O proxecto obxecto de subvención será cofinanciado entre a entidade solicitante e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 10.000,00 € por proxecto, que en ningún caso poderá exceder o 80 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar.
4. O procedemento para a concesión das subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, tal e como establece o artigo 13 da orde reguladora, aplicando os criterios de valoración recollidos no artigo 12.
5. O órgano instrutor, con base no informe da Comisión Técnica de Avaliación, tendo en conta as bases da convocatoria, eleva a súa proposta de concesión de subvencións ao órgano encargado de resolver o procedemento.
6. Correspóndelle ao director xeral de Cultura, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, logo da proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución, tal e como establece a disposición adicional segunda da Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Con base en todo o anterior e vista a proposta de resolución,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións ás entidades que se relacionan no anexo I e que se divide en dúas epígrafes:
a) Entidades locais que acadan a puntuación suficiente para obter axuda, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
b) Entidades privadas sen fin de lucro que acadan a puntuación suficiente para obter axuda, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
Segundo. Aprobar a listaxe de entidades que non resultaron adxudicatarias tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, entidades que se relacionan no anexo II e que se divide en dúas epígrafes:
a) Entidades locais que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
b) Entidades privadas sen fin de lucro que non resultaron adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
Terceiro. Aprobar a listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, e incluír as solicitudes que non se axustan ao obxecto, a finalidade e os requisitos recollidos nos artigos 1 e 3 da orde, que figuran no anexo III.
Cuarto. As entidades adxudicatarias propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación desde a publicación desta resolución, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, agás que no mesmo prazo se comunique de xeito formal e expreso a renuncia á subvención concedida, debidamente asinada polo representante da entidade beneficiaria; se a renuncia non se comunica expresamente no citado prazo, a entidade beneficiaria queda comprometida a realizar o investimento, agás causas de forza maior aceptadas pola Comisión de Valoración e, de non facelo, incorrerá nas responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Quinto. Esta resolución finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Alternativamente, esta resolución poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 28 de decembro de 2024; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.
ANEXO I
a) Listaxe das entidades locais adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
|
Orde |
Nome da entidade |
NIF |
Puntos |
Axuda concedida (en €) |
|
1 |
Concello de Parada de Sil |
P3205800J |
6 puntos |
10.000,00 |
|
2 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
5 puntos |
8.566,80 |
|
3 |
Concello de Vilar de Santos |
P3209100A |
5 puntos |
4.640,00 |
|
4 |
Concello de Burela |
P2706800F |
4 puntos |
9.922,00 |
|
5 |
Concello de Laxe |
P1504100G |
4 puntos |
10.000,00 |
|
6 |
Concello de Fene |
P1503600G |
4 puntos |
6.081,92 |
|
7 |
Concello da Pobra do Caramiñal |
P1506800J |
4 puntos |
10.000,00 |
|
8 |
Concello de Betanzos |
P1500900D |
4 puntos |
10.000,00 |
|
9 |
Concello de Vilanova de Arousa |
P3606100J |
3 puntos |
10.000,00 |
|
10 |
Concello de Baiona |
P3600300B |
3 puntos |
7.782,72 |
|
11 |
Concello da Coruña |
P1503000J |
3 puntos |
10.000,00 |
|
12 |
Concello de Valga |
P3605600J |
3 puntos |
3.006,56 |
b) Listaxe das entidades privadas sen fin de lucro adxudicatarias, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
|
Orde |
Nome da entidade |
NIF |
Puntos |
Axuda concedida (en €) |
|
1 |
Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde |
G27123611 |
8 puntos |
8.131,20 |
|
2 |
Diocese de Mondoñedo Ferrol |
R1500019C |
7 puntos |
10.000,00 |
|
3 |
Fundación María José Jove |
G15870140 |
7 puntos |
10.000,00 |
|
4 |
Fundación Museo do Videoxogo de Galicia |
G94202223 |
5 puntos |
10.000,00 |
|
5 |
Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco |
G15290828 |
5 puntos |
6.500,00 |
|
6 |
Asociación Mares de Cedeira |
G70429527 |
5 puntos |
5.029,56 |
|
7 |
Convento da Purísima Concepción Monforte de Lemos |
R2700017C |
5 puntos |
7.937,60 |
|
8 |
Asociación de Amigos do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria |
G27495639 |
5 puntos |
9.680,00 |
|
9 |
Fundación Catedral Santiago de Compostela |
G70178603 |
5 puntos |
10.000,00 |
|
10 |
Diocese de Tui Vigo |
R3600056J |
5 puntos |
6.841,34 |
|
11 |
Museo Comarcal da Fonsagrada |
G27029222 |
4 puntos |
7.744,00 |
|
12 |
Asociación Padroado Museo Etnográfico da Capela |
G15788631 |
4 puntos |
2.952,40 |
|
13 |
Fundación Rosalía de Castro |
G1504085 |
4 puntos |
5.183,90 |
ANEXO II
a) Listaxe das entidades locais non adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
|
Nome da entidade |
NIF |
Puntos |
|
Concello de Boiro |
P1501100J |
3 puntos |
|
Concello de Marín |
P3602600C |
3 puntos |
b) Listaxe das entidades privadas sen fin de lucro non adxudicatarias, tendo en conta o límite de crédito establecido na orde, ordenadas por orde decrecente de puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración e desempate recollidos nos artigos 12 e 14 da Orde do 28 de decembro de 2024.
|
Nome da entidade |
NIF |
Puntos |
|
Fundación Clúster Conservación Produtos do Mar |
G36998896 |
4 puntos |
|
Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital |
G15798168 |
3 puntos |
|
Universidade de Santiago de Compostela |
Q1518001A |
3 puntos |
|
Fundación Eugenio Granell |
G15520422 |
3 puntos |
|
Arcebispado de Santiago de Compostela |
R1500020A |
3 puntos |
ANEXO III
Listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, incluíndo as solicitudes que non se axustan ao obxecto, finalidade e requisitos recollidos nos artigos 1 e 3 da orde, que figuran no anexo III.
|
Nome da entidade |
Causa de exclusión |
|
Fundación Pública Galega Camilo J. Cela |
Incorrer na exclusión recollida no artigo 3.1.a) da Orde de convocatoria |
