O Pleno do Concello de Oleiros, na sesión extraordinaria do 30 de abril de 2025, acordou aprobar as novas porcentaxes de reserva de solo para vivendas sometidas a algún réxime de protección pública nos ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable delimitado.
Estas porcentaxes de reserva de solo recollidas no acordo serán de aplicación aos polígonos de solo urbano non consolidado e aos sectores de solo urbanizable que, nesa data, non conten con proxecto de equidistribución aprobado definitivamente.
As táboas e o texto do acordo íntegro serán publicados na web municipal na epígrafe Urbanismo-Plan xeral.
Oleiros, 8 de maio de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde
