A concellaría de goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante Resolución do 6.6.2025, adxudicou un posto de traballo de policía da Policía local do Concello de Pontevedra convocado para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre o persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía local, a favor de:
– Rubén Rodríguez Torres, con DNI ***3118**.
A devandita adxudicación efectuouse de conformidade coa proposta do tribunal cualificador do 21.5.2025 e implica así mesmo a adxudicación da praza de policía correspondente ao posto de traballo adxudicado e a integración da persoa adxudicada como funcionaria de carreira coa categoría de policía da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía local do Concello de Pontevedra (grupo C, subgrupo C1).
Ao que se lle dá publicidade de conformidade coas bases da convocatoria e co punto terceiro da propia resolución, tras o cal se iniciará o cómputo dos prazos de cesamento e posesorio previstos na base 13 das bases reguladoras da convocatoria.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, as persoas interesadas tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente consonte dereito.
Pontevedra, 6 de xuño de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo do 17.9.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
