Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 24 de abril de 2025, aprobáronse as bases xerais, así como a convocatoria para cubrir a praza correspondente á oferta de emprego público de 2024.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 92, de 16 de maio de 2025, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo para cubrir, por promoción interna, a seguinte vacante: oficial da Policía Local (escala básica e integrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, do grupo de clasificación profesional C, subgrupo C-1).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello [http://soutomaior.sedelectronica.es].
Soutomaior, 21 de maio de 2025
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde
