En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Baltar-Xustáns.
Expediente: DH.A36.108252.
Volume total anual: 16.084,44 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,51 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: sete (7) mananciais M1 a M7.
M1, M2, M5, M6 na parcela 1, polígono 51.
M3, M4 na parcela 20, polígono 52.
M7 na parcela 9004, polígono 51.
Todas do catastro de Ponte Caldelas.
Lugar: Baltar.
Parroquia: Xustáns.
Concello: Ponte Caldelas.
Descrición:
A auga das captacións M3 a M7 condúcese ao depósito 1, na parcela 1, polígono 51. A de M1 condúcese ao depósito 2, na parcela 772, polígono 50, que recibe tamén a do depósito 1 e segue ao depósito de distribución na mesma parcela, ao que chega tamén a de M2. Deste depósito parte unha rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Baltar. Os rebordos de M2 e M3 alimentan depósitos contra incendios e o do depósito regulador un lavadoiro.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 5 de maio de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
