En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Couso.
Expediente: DH.A36.106370.
Volume total anual: 67.734,45 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 3,83 l/s.
Destino: abastecemento e usos ambientais: depósitos contra incendios forestais.
Orixe: vinte (20) mananciais: M1 a M20.
M1 a M8 na parcela 3, polígono 122.
M9 na parcela 21, polígono 104.
M10 na parcela 1, polígono 127.
M11 na parcela 19, polígono 104.
M12 a M16 na parcela 1, polígono 127.
M18 na parcela 153, polígono 126.
M19 na parcela 18, polígono 104.
M20 na parcela 23, polígono 104 do catastro de Gondomar, ao igual que as anteriores.
M17 na parcela 398, polígono 9 do catastro de Tomiño.
Lugar: A Torre e Castiñeira.
Parroquia: Couso e Tebra.
Concello: Gondomar e Tomiño.
Descrición:
A auga de M1 a M4 reúnese para conducila a depósito 1, na parcela 3, polígono 122. A de M5 a M8 condúcese a depósito 2, na parcela 1, polígono 123. A de M9 a M18 a depósito 3, na parcela 154, polígono 126. A auga de M19 e M20 condúcese a depósito 4, na parcela 23, polígono 104. De cada depósito parte unha rede de distribución aos distintos lugares que abastece a Comunidade na parroquia de Couso, Gondomar. Tamén abastecen tres depósitos contra incendios forestais.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 31 de xaneiro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
