O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
O proxecto das obras que se citan no encabezamento foi aprobado o 20 de setembro de 2024, pola Presidencia de Portos de Galicia, que, de acordo coa súa normativa de creación, ten neste expediente a condición de beneficiaria coas facultades de impulso do expediente, e, para tal efecto, elevou a correspondente proposta de expropiación á Consellería do Mar, que ten a condición de Administración expropiante.
A relación de bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación, que foi sometida a información pública, aparece recollida e valorada no devandito proxecto.
Por medio do Decreto 9/2025, do 20 de xaneiro, publicado no DOG núm. 25, do 6 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia declarou de utilidade pública e urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, os bens e dereitos necesarios para a execución das obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre (Fene).
Na súa virtude, logo do levantamento das actas previas á ocupación o pasado día 25 de marzo de 2025 e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, asináronse as actas de depósito previo e de ocupación o día 23 de abril de 2025.
Unha vez efectiva a consignación do depósito previo á ocupación na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, designada para actuar como representante da Administración expropiante insta as persoas titulares das fincas a convir libremente e de mutuo acordo o prezo da expropiación, de conformidade co artigo 24 da Lei de expropiación forzosa.
Xúntase con esta resolución como anexo I a relación de parcelas e de persoas propietarias afectadas pola expropiación, así como o respectivo importe total do prezo xusto, conforme a valoración realizada segundo os datos que se recollen no proxecto e no informe complementario do 6 de setembro de 2024 da empresa peritadora contratada por Portos de Galicia.
No caso de existir acordo para a determinación do prezo xusto deberán remitir debidamente asinado, en proba de conformidade, o modelo remitido coa notificación individual realizada ás persoas titulares no seu domicilio coñecido ou remitindo un modelo debidamente cuberto do anexo II desta resolución, nun prazo máximo de 15 días hábiles contado desde a publicación deste anuncio, a través dunha das seguintes formas:
– Por correo postal dirixido ao enderezo dos servizos centrais de Portos de Galicia: praza de Europa, 5-6º, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.
– De forma presencial en rexistro público dirixido aos servicios centrais de Portos de Galicia.
– De forma telemática a través de solicitude xenérica con código PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixido a Portos de Galicia.
Noutro caso continuarase cos trámites do expediente ordinario para a fixación do prezo xusto, sen prexuízo de que o mutuo acordo poida verificarse en calquera momento antes de que o Xurado de Expropiación decida sobre o prezo.
De acordo co artigo 26 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, o acordo de adquisición entenderase como partida alzada por todos os conceptos e o pagamento do prezo libre de toda clase de gastos e impostos a teor do disposto no artigo 49 da Lei de expropiación forzosa, sen que proceda o pagamento do premio de afección a que se refire o artigo 47.
Este anuncio notificaráselle individualmente ás persoas interesadas identificadas e será tamén obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
Roberto Corbal González
Subdirector xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación
da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar
ANEXO I
Relación de bens e dereitos de necesaria expropiación
e contía do prezo xusto
|
Identificación da parcela con ref. catastral |
Poboación e municipio |
Persoa propietaria |
Domicilio |
Importe total do prezo xusto |
Sup. catastral do terreo e sup. afectada en m² |
|
5326854NJ6152N0000KF |
Maniños-Barallobre. Fene. |
Mercedes Crego López, DNI: ***6248** |
Rúa Terra nº 9, 4º, 15402 Ferrol (A Coruña) |
4.108,05 euros |
765,00 m² |
|
53268A1NJ6152N0001HG |
Maniños-Barallobre. Fene. |
María Dolores Aradas Carril, Laura Freijomil Aradas, Adrián Freijomil Aradas. DNI: ***1999**, ***1522**, ***1522** |
Rúa da Estrada Castela 47, es.: 1, Pl: 04 PL: DR 15403 Ferrol (A Coruña) |
690, 05 euros |
128,50 m² |
|
5326895NJ6152N0001RG |
Maniños-Barallobre. Fene. |
Adelaida Rodríguez Meizoso DNI: |
CM Bouza de Pena, 1, 15500 Fene (A Coruña) |
764, 40 euros |
147,00 m² |
|
5326874NJ6152N0001UG |
Maniños-Barallobre. Fene. |
María del Carmen Lemos Montanet DNI: ***1321** |
CR da Palma, 113, 15528 Fene (A Coruña). |
210, 40 euros |
37,00 m² |
|
5326894NJ6152N0001KG |
Maniños-Barallobre. Fene. |
Jorge Francisco Crego Fojo, Mercedes Crego López, María del Carmen Crego Fojo DNI : ***0120** ***6248** ***0120** |
Rúa Sol, 84, 3º D Ferrol 15402 (A Coruña) |
1.482, 00 euros |
285,00 m² |
ANEXO II
(Cubrir cando sexa necesario cos datos do anexo I)
Destinatario
Servizos Centrais Portos de Galicia
Praza de Europa, 5A-6º
15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Pola presente eu, ... (nome e apelidos) ... con NIF ... (número e letra) ..., titular ou representante do titular/es da parcela con referencia catastral ... obxecto da expropiación forzosa para a realización de obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre, acepto de libre e mutuo acordo coa Administración expropiante o importe fixado como prezo xusto pola cantidade de...
E para que así conste, asino a miña conformidade, en ... a ... do mes de ... do ano ...
(Asine aquí)
