DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33447

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 18 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas, que se financiarán cun orzamento de 5.500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, código de proxecto 2022 00001, que figuran no anexo, concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico

Entidade beneficiaria

Finalidade

Total subvención €

Pazo de Señoráns, S.L.

Mellora do acceso ao viñedo e da zona de recepción de visitantes

26.250,91

Faro Instalaciones y Contratas, S.L.

Instalación de aerotermia e instalación solar fotovoltaica

65.549,04

Faro Instalaciones y Contratas, S.L.

Mellora dos pechamentos verticais do establecemento

36.240,56

Faro Instalaciones y Contratas, S.L.

Proxecto de dixitalización

19.833,33

Rabelas Renovables, S.L.

Habilitación de espazo para sala de catas

65.973,21

Fontes de Mane, S.L.

Nova construción bungalow de madeira para aloxamento

34.793,18

Promotora Ulla Siglo XXI, S.L.

Ampliación e mellora da capacidade aloxativa

200.000,00

Eventos Señoráns, S.L.

Folletos enoturísticos promocionais dixitais

2.400,00

Inversiones Marapa, S.L.

Aerotermia con placas solares

95.566,51

Lázaro Moreno Sotelo

Mellora da adega para oferta enoturística

19.280,00

Bouza de Carril, S.L.

Adecuación da sala de catas e presentación de produtos na adega

12.317,57

Generxia San Roque, S.L.

Rehabilitación e mellora sustentable café-bar. Instalación de aerotermia e instalación solar fotovoltaica. Instalación de pantallas interactivas

24.933,33

Gandarela Turismo Rural, S.L.

Rehabilitación de edificacións para ampliación de actividade

177.276,40

Curral do Marqués, S.L.

Mellora sustentable do establecemento. Substitución da caldeira de gasóleo por bomba de aerotermia

200.000,00

Cooperativa Vitivinícola Arousana, S. Coop. Galega

Mellora da sala de catas, zona de exposición e venda

24.022,72

Docampo, S.A.

Mellora sustentable da adega

92.096,00

María Teresa Acuña Rodríguez

Reformas para ampliación de prazas en apartamentos turísticos

57.165,91

Cova da Xabreira, S.L.U.

Rehabilitación sustentable de adegas e contorno. Conxunto de experiencias virtuais da visita ás adegas

171.219,70

Adegas Ribada, S.L.

Adecuación da adega para as visitas

51.156,00

A Man de Prado, S.L.

Acondicionamento exterior, sala de xogos e melloras para enoturismo

134.372,16

Sistel-Nor, S.L.

Ampliación da capacidade do establecemento Pazo da Pena

199.741,41

Joaquín Rebolledo, S.A.

Adecuación da adega para visitas enolóxicas

177.177,03

Enoturismo María Manuela, S.L.

Adecuación e embelecemento de establecemento enoturístico. Instalación de paneis fotovoltaicos

51.407,49

Joaquín Rebolledo, S.A.

Adecuación da vivenda turística para experiencias de enoturismo. Dixitalización das experiencias enoturísticas

57.014,21

Adegas e Viñedos Vía Romana, S.L.

Mellora da adega para ampliación da oferta enoturística

130.682,26

Adegas Terra de Asorei, S.L.

Melloras na adega para a recepción de visitas

186.834,45

Terriña, S.L.

Investimentos para posta en marcha de experiencias enoturísticas

23.616,10

Adegas Terra Santa, S.L.

Ampliación da capacidade do establecemento Casa da Labora

165.821,09

Hotel Spa Atlántico, S.L.

Ampliación do establecemento Hotel Spa Atlántico

195.883,72

Incalpa 2019, S.L.

Reformas para ampliación de prazas en hotel

166.204,08

Adega Gil Armada, S.L.

Proxecto enoturístico de Adega Gil Armada

11.520,00

Sanivoros, Sociedad Limitada

Calefacción, climatización e A.Q.S. ventilación (aerotermia)

34.635,20

Víctor Manuel Rodríguez López

Experiencia enoturística Val da Lenda

127.119,18

Terra, Brasa y Mar, S.L.

Reforma establecemento para turismo enogastronómico

200.000,00

Adega Vella Xeracións, S.L.

Proxecto enoturístico de Adega Vella

191.211,31

Alma Galega 2023, S.L.U.

Mellora das instalacións e percorrido da visita enogastronómica

27.956,00

Inversiones Kalopsia, S.L.

Mellora do establecemento. Proxecto dixital enogastronómico para Casa de Costoia

51.380,84

María Cristina Rodríguez Díaz

Reformas para a ampliación de prazas en campamento turístico

32.058,25

Terriña, S.L.

Dixitalización da oferta do restaurante Adega Terriña

25.940,72

Sanivoros, S.L.

Ampliación e mellora da capacidade aloxativa Aldea Bordóns

199.969,12

Terra, Brasa y Mar, S.L.

Proxecto dixital enogastronómico para Restaurante Terra

18.726,40

Julia Mar Bande Pivida

Proxecto enoturístico na adega Xulia Bande

25.396,14

Cabo do Mundo, S.L.

Adecuación da adega para eventos enoturísticos

77.602,52

Víctor Manuel López Hernández

Ampliación da vivenda turística

157.001,35

Casal Fuentes, SAT

Mellora instalacións sala de catas e equipamentos

10.937,40

Viños de Encostas, S.L.

Ampliación e adecuación da adega para visitas enolóxicas

196.225,90

Adegas Valmiñor, S.L.

Enoturismo Adegas Valmiñor

48.552,51

Bodegas La Val, S.L.

Proxecto de sinerxías locais e enoturismo en Adegas La Val

198.891,71

Caballeros Hijos Dalgo de Linares, S.L.

Rehabilitación e mellora sustentable do establecemento de turismo rural. Enerxías renovables para establecemento de turismo rural

22.385,60

Adegas Valdavia, S.L.

Adecuación do establecemento Cuñas Davia. Desenvolvemento dunha aplicación para móbil

26.013,00

Guerreiro Riveiro Figueiro, S.L.

Espazo enoexperiencia Casa Telleiro

116.066,48

Franco Basalo, S.L.

Adecuación de establecemento enoturístico. Ampliación e mellora da capacidade aloxativa

235.198,09

Benjamín Míguez Noval

Ampliación da capacidade do establecemento María Bargiela

97.538,64