Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 25, do 5 de febreiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 10915, no segundo parágrafo do punto segundo, onde di: «A superficie do MVMC de Soutochao, unha vez revisado o esbozo, resulta de 670,24 ha fronte ás 763 ha clasificadas, o que supón unha redución de superficie dun 12 %. Porén, o esbozo do monte existente actualmente ten unha superficie de 675 ha, polo que a redución respecto a esta configuración adaptada ao esbozo orixinal sería mínima».
Debe dicir: «A superficie do MVMC de Soutochao, unha vez revisado o esbozo, resulta de 678,15 ha fronte ás 763 ha clasificadas, o que supón unha redución de superficie dun 11,1 %. Porén, o esbozo do monte existente actualmente ten unha superficie de 675 ha, polo que a redución respecto a esta configuración adaptada ao esbozo orixinal sería mínima».
