DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 30 de maio de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común de Vilanova, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilanova, no concello da Veiga.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 120, do 21 de xuño de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 38226, no segundo parágrafo do punto segundo, onde di: «A superficie do MVMC de Vilanova, unha vez revisado o esbozo, resulta de 2.257,35 ha fronte ás 1.319 ha clasificadas, o que supón un aumento de superficie dun 71 %. O importante solapamento co MVMC Serra de Calva e Follo, e mais o deslindamento co MVMC Candaira provocan unhas diferenzas de superficie que non son provocadas pola presente revisión de esbozo e con respecto ao esbozo orixinal presente na carpeta ficha. O erro vén arrastrado desde a clasificación do monte».

Debe dicir: «A superficie do MVMC de Vilanova, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.590,15 ha fronte ás 1.319 ha clasificadas, o que supón un incremento de superficie dun 20,6 %».