DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común da Canicouva (Pontevedra) e Raña e A Aluncia (Ponte Caldelas) (expediente DC22109).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) da Canicouva (Pontevedra) e Raña e A Aluncia (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022 o presidente da CMVMC da Canicouva presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC da Canicouva (Pontevedra) e a CMVMC de Raña e A Aluncia (Ponte Caldelas).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Baltar (ID: 3055) da CMVMC de Raña e A Aluncia.

– MVMC de Pedra Miranda e Saramagoso (ID: 2950) da CMVMC da Canicouva.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 21.9.2022.

– Acta de conciliación núm. 13/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas do 31.3.2023.

– Certificado do 10.4.2024 da secretaria da CMVMC da Canicouva coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 20.8.2022.

– Certificado do 10.4.2024 da secretaria da CMVMC de Raña e A Aluncia coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 28.1.2023.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada o 13.7.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740 do COETF de Galicia. A emenda posterior produce a modificación desta.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: VY3J61TQKEF2VVFS (inclúe os deslindamentos DC22109 e DC22110) e 41Q4CBBSM3EPN317 (inclúe os deslindamentos DC22109, DC22110, DC22115, DC22108, DC22085, DC22086).

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 717 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01: X: 533.559,61 Y: 4.693.059,63

Punto P02: X: 533.636,52 Y: 4.692.918,21

Punto P03: X: 533.781,43 Y: 4.692.610,72

Punto P04: X: 533.906,10 Y: 4.692.422,89

No traballo de gabinete establécense catro puntos de deslindamento secundarios (A, B, C, D) para respectar a dominio público hidráulico.

Punto A: X: 533.665,54 Y: 4.692.856,63

Punto B: X: 533.667,77 Y: 4.692.851,90

Punto C: X: 533.897,48 Y: 4.692.435,87

Punto D: X: 533.899,82 Y: 4.692.432,36

Polo que, no tramo entre os puntos A e B e no tramo entre os punto C e D respéctase o dominio público hidráulico (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambos pola existencia do deslindamento xudicial entre a CMVMC da Canicouva e Ponte Sampaio, que ten o número de expediente PO-DESX-01/14.

O deslindamento entre ambos os montes veciñais está formado por tres tramos:

Tramo 1: desde o punto P01 ao punto A.

Tramo 2: desde o punto B ao punto C.

Tramo 3: desde o punto D ao punto P04.

O punto P01 é coincidente co punto P03 do expediente DC22110 (deslindamento entre a CMVMC da Canicouva e a CMVMC de Reigosa), polo que, no dito punto converxen a CMVMC da Canicouva, a CMVMC de Reigosa e a CMVMC de Raña e A Aluncia.

A liña do deslindamento respecta o deslindamento entre a CMVMC de Reigosa e a CMVMC de Raña e A Aluncia, que ten o número de expediente PO-DESC02/2019.

A liña do deslindamento non é exactamente coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC da Canicouva: presenta un axuste para modificar o esbozo desde o punto P01 que coincide co deslindamento DC22110 e desde o P04 co DESX-01/14.

– CMVMC de Raña e A Aluncia: presenta un axuste para modificar o esbozo desde o punto P01 que coincide co expediente PO-DESC02/2019, e un axuste desde o P04 para pechar a liña de deslindamento coa cartografía existente.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC da Canicouva (Pontevedra) e a CMVMC de Raña e A Aluncia (Ponte Caldelas), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 23 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra