DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Canicouva e Tomeza (Pontevedra) (expediente DC22108).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Canicouva e Tomeza (Pontevedra) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Canicouva presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Tomeza ambas no concello de Pontevedra.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Loureda, San Cibrán e Carrasco (ID: 2955) da CMVMC de Tomeza.

– MVMC de Pedra Miranda e Saramagoso (ID: 2950) da CMVMC de Canicouva.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 17.8.2022.

– X53 conciliación núm. 0000283/2023 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra do 11.4.2023.

– Certificado do 10.4.2024 do secretario da CMVMC de Canicouva coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 20.8.2022.

– Certificado do 13.9.2022 da secretaria da CMVMC de Tomeza coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 27.8.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 6.7.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia. A emenda posterior produce a súa modificación.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: 41Q4CBBSM3EPN317 (inclúe os deslindamentos DC22109, DC22110, DC22115, DC22108, DC22085, DC22086).

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 678 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P03: x: 532.922,90 y: 4.693.447,08

Punto P04: x: 532.666,99 y: 4.693.354,18

Punto P05: x: 532.525,47 y: 4.693.374,66

Punto P06: x: 532.286,87 y: 4.693.265,08

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por un tramo único.

O punto P03 é coincidente co punto P04 do expediente DC22115 (deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Marcón). Neste punto converxen a CMVMC de Marcón, a CMVMC de Tomeza e a CMVMC de Canicouva.

O punto P06 é coincidente co punto 1 do expediente DC22086 (deslindamento entre a CMVMC de Bértola e a CMVMC de Tomeza) e co punto 8 do expediente DC22085 (deslindamento entre a CMVMC de Bértola e a CMVMC de Canicouva). Neste punto converxen a CMVMC Canicouva, a CMVMC de Tomeza e a CMVMC de Bértola.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Canicouva: presenta un axuste desde o punto P03 coincidente co deslindamento DC22115 e un axuste desde o punto P06 coincidente co expediente DC22085.

– CMVMC de Tomeza: presenta un axuste desde o punto P.03 para pechar a liña do deslindamento co resto da cartografía existente e un axuste desde o punto P.06 coincidente co deslindamento DC22086.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Canicouva e Tomeza, ambas no concello de Pontevedra, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 23 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra