O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Areas e Pexegueiro (Tui), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 29.9.2022 o presidente da CMVMC de Areas presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Areas e a CMVMC de Pexegueiro, ambas no concello de Tui.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Areas (ID monte: 3175) da CMVMC de Areas.
– MVMC de Pexegueiro (ID monte: 3180) da CMVMC de Pexegueiro.
Consta no expediente a seguinte documentación consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
• Acta de apeo do 1.9.2022 dos 14 puntos levantados.
• Papeleta do 29.9.2022 e acta de conciliación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, co núm. 443/2022, do 18.5.2023.
• Certificado do secretario da CMVMC de Pexegueiro coa conformidade do presidente, do 26.9.2022, da aprobación en asemblea, do 25.9.2022, de 14 puntos.
• Certificado do secretario da CMVMC de Areas coa conformidade do presidente, do 1.9.2022, da aprobación en asemblea do 12.6.2022, de 28 puntos no seu límite oeste. Os 14 primeiros son de deslindamento con Pexegueiro.
• Memoria descritiva de setembro de 2022, co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinada pola enxeñeira de montes colexiada núm. 4141 do COEM. Consta unha emenda posterior que corrixe a dita memoria.
• Informe de validación gráfica (IVG) catastral con CSV: N0QGPP1DMK5YC27P.
Segundo. Os puntos levantados no campo de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo son os seguintes:
|
Punto |
UTM_X |
UTM_Y |
|
1 |
526.139,61 |
4.655.491,16 |
|
2 |
526.140,90 |
4.655.478,06 |
|
3 |
526.134,18 |
4.655.420,01 |
|
4 |
526.125,95 |
4.655.345,77 |
|
5 |
526.103,65 |
4.655.217,27 |
|
6 |
526.129,63 |
4.655.006,46 |
|
7 |
526.189,53 |
4.654.771,80 |
|
8 |
526.218,82 |
4.654.664,35 |
|
9 |
526.302,90 |
4.654.439,66 |
|
10 |
526.330,91 |
4.654.320,70 |
|
11 |
526.357,54 |
4.654.156,99 |
|
12 |
526.396,32 |
4.654.038,89 |
|
13 |
526.412,81 |
4.653.973,04 |
|
14 |
526.411,76 |
4.653.884,44 |
No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as propiedades particulares (o deslindamento realizarase coas propiedades particulares). Estes puntos son:
|
Punto 1B: |
X: 526.139,65 |
Y: 4.655.490,78 |
|
Punto 12B: |
X: 526.397,14 |
Y: 4.654.035,60 |
Terceiro. Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe linde entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.500 metros e está formada por 1 tramo que corresponde cos seguintes puntos:
|
Punto 1B: |
X: 526.139,65 |
Y: 4.655.490,78 |
|
Punto 2: |
X: 526.140,90 |
Y: 4.655.478,06 |
|
Punto 3: |
X: 526.134,18 |
Y: 4.655.420,01 |
|
Punto 4: |
X: 526.125,95 |
Y: 4.655.345,77 |
|
Punto 5: |
X: 526.103,65 |
Y: 4.655.217,27 |
|
Punto 6: |
X: 526.129,63 |
Y: 4.655.006,46 |
|
Punto 7: |
X: 526.189,53 |
Y: 4.654.771,80 |
|
Punto 8: |
X: 526.218,82 |
Y: 4.654.664,35 |
|
Punto 9: |
X: 526.302,90 |
Y: 4.654.439,66 |
|
Punto 10: |
X: 526.330,91 |
Y: 4.654.320,70 |
|
Punto 11: |
X: 526.357,54 |
Y: 4.654.156,99 |
|
Punto 12: |
X: 526.396,32 |
Y: 4.654.038,89 |
|
Punto 12B: |
X: 526.397,14 |
Y: 4.654.035,60 |
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación, polo que se realiza un axuste dos dous esbozos e na cartografía catastral segundo o IVG: N0QGPP1DMK5YC27P, que afecta as parcelas 36055A08200002 e 36055A08200003.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Areas e a CMVMC de Pexegueiro, ambas no concello de Tui, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 23 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
