DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Bértola e Figueirido (Vilaboa) (expediente DC22087).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Bértola e Figueirido (Vilaboa) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 29.9.2022 o presidente da CMVMC de Bértola, presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Bértola e a CMVMC de Figueirido, ambas do concello de Vilaboa.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Chan do Vilar, Pedra Miranda, Coto Loureiro (ID: 3214) da CMVMC de Figueirido.

– MVMC de Loureda e Sabaxáns (ID: 3216) da CMVMC de Bértola.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do deslindamento do 7.5.2022.

– Acta de conciliación núm. 05/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Vilaboa do 24.10.2022.

– Certificado do 11.9.2022 do secretario da CMVMC de Bértola coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 10.9.2022.

– Certificado do 13.3.2024 do secretario da CMVMC de Figueirido coa conformidade do presidente da aprobación en asemblea xeral do 9.12.2023.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 18.5.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296, do COETF de Galicia. Modificada posteriormente e asinada o 15.3.2024.

– Informes de validación gráfica catastral con CSV: CX0J91M41F0DWJPB do tramo 1 e 30B3NQJTZGS764R9 e FAR04RWR20Y5YB0X do tramo 2.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 149 metros (o tramo 1 ten unha lonxitude de 109 metros e tramo 2 ten unha lonxitude de 40 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Tramo 1

Tramo 2

Punto 1 - x: 531.616,41 y: 4.691.962,51

Punto 2 - x: 531.608,58 y: 4.691.962,56

Punto 3 - x: 531.604,59 y: 4.691.963,57

Punto 4 - x: 531.600,94 y: 4.691.964,85

Punto 5 - x: 531.597,28 y: 4.691.966,66

Punto 6 - x: 531.593,19 y: 4.691.970,19

Punto 7 - x: 531.587,03 y: 4.691.977,67

Punto 8 - x: 531.579,10 y: 4.691.988,72

Punto 9 - x: 531.570,00 y: 4.692.004,04

Punto 10 - x: 531.561,78 y: 4.692.019,38

Punto 11 - x: 531.544,12 y: 4.692.011,34

Punto 12 - x: 531.539,22 y: 4.692.009,39

Punto 13 - x: 528.773,90 y: 4.692.453,55

Punto 14 - x: 528.769,87 y: 4.692.454,83

Punto 15 - x: 528.726,48 y: 4.692.469,57

Punto 16 - x: 528.725,29 y: 4.692.469,81

As liñas de deslindamento están formadas por dous tramos:

– Tramo 1: do punto 1 o punto 12.

– Tramo 2: do punto 13 o punto 14b e do punto 14c o punto 16.

No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (14b e 14c) para respectar o dominio público da estrada (EP-0012).

Punto 14b- x: 528.745,88 y: 4.692.462,97

Punto 14c- x: 528.735,33 y: 4.692.466,56

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que non existe colindancia quedando xustificada a colindancia:

• No tramo 1: é coincidente coa revisión de esbozo RE24002 (do MVMC de Chan do Vilar, Pedra Miranda, Coto Loureiro da CMVMC de Figueirido).

• No tramo 2: que ambas comunidades recoñecen a colindancia dentro do perímetro recoñecido pola Sentenza Xudicial 81/2012 do Xulgado de 1ª Instancia núm. 1 de Pontevedra como propiedade da CMVMC de Figueirido.

O punto 1 é coincidente co punto 1 do expediente DC22085 (deslindamento entre a CMVMC de Bértola e a CMVMC de Canicouva).

A liña do deslindamento respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Pontevedra e Vilaboa no tramo 1 e non a respecta entre o punto 15 e o punto 14c do tramo 2.

A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades no tramo 1:

– CMVMC de Figueirido: o expediente de revisión de esbozo RE24002 xa recolle o tramo 1 do deslindamento.

– CMVMC de Bértola: o expediente de revisión de esbozo RE22047 xa recolle o tramo 1 do deslindamento.

O informe técnico indica que no tramo 2 as modificacións dos esbozos de clasificación aprazaranse ata que a CMVMC de Bértola deslinde coa CMVMC de Salcedo.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Bértola e a CMVMC de Figueirido, ambas no concello de Vilaboa, nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 23 de maio de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra