O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Bértola (Vilaboa) e Tomeza (Pontevedra) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da CMVMC de Bértola presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Bértola (Vilaboa) e a CMVMC de Tomeza (Pontevedra). Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Loureda, San Cibrán e Carrasco (ID: 2955) da CMVMC de Tomeza.
– MVMC de Loureda e Sabaxáns (ID: 3216) da CMVMC de Bértola.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 5.5.2022.
– Acta de conciliación X53 conciliación núm. 0000822/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Pontevedra do 7.11.2022.
– Certificado do 11.9.2022 do secretario da CMVMC de Bértola coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 11.9.2022.
– Certificado do 13.9.2022 da secretaria da CMVMC de Tomeza coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 27.8.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 28.5.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296, do COETF de Galicia.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV:
1T90CBW5VS1RQ3WF e 41Q4CBBSM3EPN317 (inclúe os deslindamentos DC22108, DC22109, DC22110, DC22115, DC22085, DC22086).
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 304 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1 – x: 532.286,87 y: 4.693.265,08
Punto 2 – x: 532.214,01 y: 4.693.424,16
Punto 3 – x: 532.086,88 y: 4.693.445,25
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento entre ambos os montes veciñais está formado por un tramo único.
O punto 1 é coincidente co punto P06 do expediente DC220108 (deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Tomeza) e coincidente co punto 8 do expediente DC22085 (deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Bértola).
A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Pontevedra e Vilaboa.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Bértola: o expediente de revisión de esbozo RE22047 xa recolle o deslindamento.
– CMVMC de Tomeza: presenta un axuste desde o punto 3 para pechar a liña do deslindamento co resto da cartografía existente e o Servizo de Montes de oficio realiza un axuste desde o punto 1 respectando o deslindamento DC22108.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Bértola, no concello de Vilaboa, e a CMVMC de Tomeza, no concello de Pontevedra, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición rante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo rante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 23 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
