O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Bértola (Vilaboa) e Canicouva (Pontevedra) con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da CMVMC de Bértola presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Bertola (Vilaboa) e a CMVMC de Canicouva (Pontevedra). Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Loureda e Sabaxáns (ID: 8216) da CMVMC de Bertola.
– MVMC de Pedra Miranda e Saramagoso (ID: 2950) da CMVMC de Canicouva.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 12.5.2022.
– Acta de conciliación X53 conciliación núm. 0000804/2022 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Pontevedra do 28.11.2022.
– Certificado do 11.9.2022 do secretario da CMVMC de Bértola coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 11.9.2022.
– Certificado do 26.9.2022 do secretario da CMVMC de Canicouva coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 20.8.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 29.9.2022 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296, do COETF de Galicia.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 41Q4CBBSM3EPN317 inclúe os deslindamentos DC22109, DC22110, DC22115, DC22108, DC22085 e DC22086.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.523 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto 1 – x: 531.616,41 y: 4.691.962,51
Punto 2 – x: 531.711,23 y: 4.692.106,98
Punto 3 – x: 531.843,92 y: 4.692.283,16
Punto 4 – x: 531.947,29 y: 4.692.457,41
Punto 5 – x: 532.084,22 y: 4.692.714,73
Punto 6 – x: 532.245,59 y: 4.692.932,42
Punto 7 – x: 532.374,83 y: 4.693.117,26
Punto 8 – x: 532.286,87 y: 4.693.265,08
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (1b e 1c) para respectar un enclavado de titularidade catastral particular.
Punto 1b – x: 531.667,11 y: 4.692.039,75
Punto 1c – x: 531.685,25 y: 4.692.067,40
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento está formado por dous tramos:
Tramo 1: do punto 1 o punto 1b.
Tramo 2: do punto 1c o punto 8.
O punto 8 é coincidente co punto 1 do expediente DC22086 (deslindamento entre CMVMC de Bértola e a CMVMC de Tomeza) e coincide tamén co punto P06 do expediente DC22108 (deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Tomeza).
A liña do deslindamento non é coincidente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Pontevedra e Vilaboa.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Canicouva: o Servizo de Montes de oficio realiza a modificación do esbozo tendo en conta os deslindamentos entre comunidades en que participa a CMVMC de Canicouva (DC220108, DC22109, DC22110, DC22115) e o deslindamento xudicial (PO-DESX-01/14 entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Pontesampaio).
– CMVMC de Bértola: o expediente de revisión de esbozo RE22047 xa recolle o deslindamento actual.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC Bértola, no concello de Vilaboa, e a CMVMC de Canicouva, no concello de Pontevedra, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 23 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra
