DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025 pola que se nomean na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 9 de maio de 2025 (DOG núm. 91, do 14 de maio), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, escala de persoal subalterno, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base 4.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Así mesmo, infórmase de que, na aula número 3 da Escola Galega de Administración Pública no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, está previsto o desenvolvemento dun curso de formación inicial para as persoas que superaron este proceso selectivo, cunha duración de 4 horas lectivas, os días 17 e 18 de xuño, das 9.00 ás 14.00 horas. Este curso pretende dotar o alumnado de coñecementos básicos para a súa incorporación como persoal funcionario de carreira, así como a comprensión de situacións iniciais no desenvolvemento do posto de traballo. Ademais, neste curso proporcionaráselle ao alumnado información de contacto cos respectivos departamentos de persoal dos destinos adxudicados. Na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público publicarase a listaxe de aspirantes convocados cada día.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

Formación

Observ.

1

***5985**

Vázquez Batan, David

8

PRC991000027001026

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

AP

10

2

***0669**

Blanco Lamas, Belén

1

PRC994000036560061

Subalterno/a

PR

Edificio Administrativo (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

3

***2731**

Caamaño Villar, María José

17

TRI010000015770014

Subalterno/a

EM

Consello Galego de Relacións Laborais

Consello Galego de Relacións Laborais

Santiago de Compostela

AP

10

4

***9055**

Cabaleiro Groba, Sofía

6

PRC994000036560063

Subalterno/a

PR

Edificio Administrativo (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

5

***5834**

Fernández Porto, Lara María

23

PRC991000015001036

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

6

***9733**

Fernández Rancaño, Francisco Javier

24

PSC991000015001676

Subalterno/a

PS

Departamento Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

7

***0864**

Iglesias Suárez, Miguel

21

PRC030000115001158

Subalterno/a

PR

S. X. de Persoal da Administración de Xustiza (A Coruña)

Dirección Xeral de Xustiza

A Coruña

AP

10

8

***2448**

Otero Fernández, David

22

EDC995020115001035

Vixilante/a de arquivos, bibliotecas e museos

CU

Museo de Belas Artes da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

Horario especial//xornada mañá ou tarde

9

***7411**

Rama Díaz, Marta

28

EDC994040215001009

Subalterno/a

ED

Conservatorio Profesional de Música (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

Horario especial

10

***8542**

Álvarez Fernández, Mario

14

EIC991000032001042

Subalterno/a

EM

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

11

***9404**

Andión Cabaleiro, Damián

19

MAA010000015770022

Subalterno

IV

Secretaría Xeral

Augas de Galicia

Santiago de Compostela

AP

10

12

***7869**

López Valín, Sofía

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

13

***5284**

López Baamonde, Sabela

9

PRC991000027001092

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

AP

10

14

***9104**

Martínez Baz, María

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

15

***0501**

Pérez Fernández, Miguel

4

PRC991000036001100

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

16

***6411**

Rodríguez López, Lucas

15

EIC991000032001560

Subalterno/a

EM

Xefatura Territorial de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

17

***7425**

Sieira Santos, Marcos

18

PX1010000115770040

Subalterno/a

PX

Secretaría Xeral da Presidencia

Secretaría Xeral da Presidencia

Santiago de Compostela

AP

10

18

***5098**

Vilaboa Piteira, Jorge José

7

SAC991000027001026

Subalterno/a

SA

Xefatura Territorial de de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

AP

10

Xornada de tarde

19

***3059**

Costa Raña, María del Carmen

25

FCC070000015770025

Subalterno/a

FC

D. X. da Función Pública

Dirección Xeral da Función Pública

Santiago de Compostela

AP

10

Permiso conducir B (R.I.) Ordes

Tarefas de condución ademais das propias do posto de traballo

20

***9285**

Fernández Pérez, Alba

13

PXA291000032001028

Subalterno/a

PX

Área Provincial de Ourense

Axencia Turismo de Galicia (servizos periféricos)

Ourense

AP

10

21

***8301**

González López, Verónica

11

EDC995020132001029

Vixilante/a de arquivos, bibliotecas e museos

CU

Museo de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

AP

10

Horario especial// xornada mañá ou tarde

22

***2847**

Lago Oubiña, Rubén

5

PRC991000036001101

Subalterno/a

PR

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

23

***6878**

Martínez Gestal, Gema

27

EDC994020315001007

Subalterno/a

ED

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

AP

10

Horario especial

24

***3832**

Pardo González, Raúl

16

IVC020000015770054

Subalterno/a

IV

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

AP

10

25

***6813**

Rodríguez Fernández, Ester

2

PRC994000036560067

Subalterno/a

PR

Edificio Administrativo (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

AP

10

26

***9623**

Vila Fernández, Sandra

3

EDC995030136001031

Vixilante/a de arquivos, bibliotecas e museos

CU

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

AP

10

Horario especial//xornada mañá ou tarde

27

***7475**

Fernández Álvarez, Javier

20

ED8010000015770005

Subalterno/a

ED

D. X. de Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Santiago de Compostela

AP

10

28

***9933**

Gómez Grande, Pablo

12

EDC995020132680026

Vixilante/a de arquivos, bibliotecas e museos

CU

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Servizos periféricos

Ribadavia

AP

10

Horario especial//xornada mañá ou tarde