DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33526

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 11 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, unha vez recibido o informe proposta da Escola Galega de Administración Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, formulado mediante o escrito do 23 de maio de 2025, ao cal se refire o ordinal sexto da Resolución do 19 de marzo de 2025 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), pola que se regula o período de prácticas das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base 3 da convocatoria deste proceso que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 19 de marzo de 2025 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

A orde de prelación, que se recolle no anexo deste acordo, establécese en concordancia coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022.

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o ordinal primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, segundo o disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base 4.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal

ANEXO

Promoción interna


orde

Apelidos e nome

NIF

1º exercicio

2º exercicio

Curso selectivo

Total

Acertos parte xeral

Acertos parte especial

Total

Puntuación

1

Carballo Benito, Manuel

***1357**

17

23

40

45,00

10,00 (exento)

Apto

55,00

Acceso libre

Nº orde 

Apelidos e nome

NIF

1º exercicio

2º exercicio

Curso

selectivo

Total

Acertos parte xeral

Acertos parte especial

Total

Puntuación

1

Jiménez Lorda, Pablo

***8975**

17

25

42

81,00

10,00 (exento)

Apto

91,00

2

Osorio Peláez, Pablo

***3817**

18

22

40

75,00

10,00 (exento)

Apto

85,00

3

Gómez Gosende, Raúl

***0546**

16

22

38

69,00

10,00 (exento)

Apto

79,00

4

Blasco López, Antón Roi

***0884**

14

23

37

66,00

10,00 (exento)

Apto

76,00