DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2025 Páx. 33528

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril); e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida; e adxudicarlles como destino definitivo o mesmo posto asignado no seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, pola Resolución do 19 de marzo de 2025 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), segundo o disposto nas bases 5.4 e 5.5 da convocatoria, e que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nomeamento do persoal funcionario de carreira no corpo auxiliar da Administración xeral

da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

NIF

Apelidos e nome

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***1357**

Carballo Benito, Manuel

2

FCC070000015770011

Posto base subgrupo C2

FC

Dirección Xeral da Función Pública

Dirección Xeral da Función Pública

Santiago de Compostela

C2

12

2

***8975**

Jiménez Lorda, Pablo

3

PSC070020115770006

Posto base subgrupo C2

CU

Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Santiago de Compostela

C2

12

3

***3817**

Osorio Peláez, Pablo

4

ED5010000315770030

Posto base subgrupo C2

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

C2

12

4

***0546**

Gómez Gosende, Raúl

1

EDC995020115770015

Posto base subgrupo C2

CU

Museo das Peregrinacións

Servizos Periféricos

Santiago de Compostela

C2

12

5

***0884**

Blasco López, Antón Roi

5

SAC020000015770025

Posto base subgrupo C2

SA

Secretaría

Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C2

12