DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33741

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

Mediante a Resolución do 19 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, déuselles publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2025, a cal foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 101, do 28 de maio de 2025.

Advertido un erro na dita resolución, cómpre facer a seguinte rectificación:

Na páxina 30.296, dentro do anexo, onde di:

Descrición

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025.

8.000 €

Debe dicir:

80.000 €