DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33740

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás organizacións de produtores de froitas e hortalizas (OPFH).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, alínea b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

RESOLVO:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro do Real decreto 857/2022, do 11 de outubro, polo que se regulan os fondos e os programas operativos das organizacións de produtores do sector de froitas e hortalizas que figuran no anexo I.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2024 con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712C. 770.0 (proxecto 2011.00990) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, están financiadas con fondos Feaga na súa totalidade e teñen como finalidade a realización de programas operativos das organizacións de produtores de froitas e hortalizas.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº expediente

NIF

Beneficiaria

Importe

2025

Importe

2026

Importe

2027

Importe

total

PO25-11-36-0998

2025-2027

***0331**

Horsal, S.C.G.

172.644,47 €

172.644,47 €

137.584,22 €

482.873,16 €