DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 9 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade á Resolución do 9 de xuño de 2025 pola que se somete a información pública o proxecto de explotación de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada de clave XG843.

Con data do 9 de xuño de 2025, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu Resolución pola que se somete a información pública, ao abeiro do punto 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, durante un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación a que se refire este anuncio.

Durante o citado prazo, as persoas interesadas que o consideren oportuno poderán formular por escrito, ante a Dirección Xeral de Mobilidade, cantas alegacións consideren oportunas.

A documentación completa do proxecto de explotación clave XG843, A Coruña-Ferrol-Ortigueira-Viveiro-Vilalba-Lugo, con anexos, estará á disposición de todas as persoas interesadas, no seguinte enderezo web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes:

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/mobilidade

O que se fai público para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade