DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33787

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

En cumprimento dos acordos do Consello de Goberno desta universidade do 23 de febreiro de 2024, 29 de abril de 2025 e 28 de maio de 2025, e en execución da oferta de emprego público do persoal docente e investigador da USC correspondente ao ano 2024, publicada no DOG o 6 de xuño de 2024, este reitorado, no exercicio das competencias atribuídas polo artigo 50 da Lei orgánica do sistema universitario e o 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolve convocar o concurso de acceso á praza de profesorado titular de universidade, relacionada no anexo I desta convocatoria, con suxeición ás seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Estes concursos réxense, ademais de polo disposto nas bases desta convocatoria, por:

– Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (en diante, LOSU).

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).

– Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

– Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

– Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos ditos corpos.

– Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro.

– Regulamento de selección de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado mediante o Acordo do Consello de Goberno do 11 de outubro de 2023 (en diante, Regulamento).

– Con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

1.2. As referencias que para cada posto de traballo poidan conter as convocatorias en relación coas obrigas docentes e de investigación que deberán asumir as persoas seleccionadas non suporán en ningún caso para quen obteña estes postos un dereito de vinculación exclusiva a esas actividades, nin limitarán a competencia da Universidade para asignarlles unhas tarefas docentes e investigadoras diferentes. Do mesmo xeito, a referencia ao centro en que se deberá desenvolver a actividade docente non suporá o dereito a non exercer actividade docente ou investigadora noutro centro dependente da propia Universidade, mesmo no caso de que radique en localidade distinta, de acordo, en todo caso, co que establezan as demais normas de aplicación.

1.3. Cando os prazos a que fai referencia esta convocatoria se expresen en días, entenderase que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados e domingos e os declarados festivos, segundo o disposto no artigo 30 da LPACAP. Consideraranse festivos, para estes efectos, os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo, e ampliarase en calquera caso en ambos os campus o prazo establecido por un número de días igual ao dos festivos existentes.

Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O mes de agosto será inhábil para a publicación de convocatorias, presentación de solicitudes de participación en procesos selectivos, publicación de listaxes e cómputo de prazos, así como para a reunión das comisións de selección.

1.4. O prazo máximo para a resolución do concurso será de catro meses, contados a partir da data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para participaren nestas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

2.1.1. Requisitos xerais.

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro que, de acordo co disposto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 88 da LOSU, permita o acceso ao emprego público.

b) Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á Administración pública.

c) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

d) Non ter sido despedido/a ou separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que pertencía.

No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

e) Acreditar, unha vez nomeados/as funcionarios/as, un nivel de coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente.

2.1.2. Requisitos específicos.

a) Estar en posesión do título de doutor/a. Os títulos extranxeiros deberán ter obtida previamente a declaración de equivalencia por parte dunha universidade española.

b) Dispor da acreditación pertinente para o corpo de profesorado titular de universidade, consonte o disposto no Real decreto 678/2023. No caso de ser xa funcionario/a do mesmo corpo, non estar incurso/a na prohibición do punto 4 do artigo 35 deste real decreto.

As persoas acreditadas que sexan nacionais doutros Estados non membros da Unión Europea poderán tomar parte nos concursos de acceso e, de ser o caso, acceder á función publica cando o Estado da súa nacionalidade lles recoñeza aptitude legal aos/ás españois/españolas para ocuparen na docencia universitaria posicións análogas ás dos/das funcionarios/as docentes na universidade española.

2.2. A posesión de todos os requisitos estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ao longo de todo o proceso selectivo, excepto no caso sinalado no punto 2.1.1.e), que se poderá acreditar nos termos establecidos no punto 9.1 desta convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar a súa solicitude, xunto coa documentación correspondente, unicamente por medios electrónicos, a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/126/ver.htm), para o cal deberán empregar os medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/informacion/aspectosTecnicos.htm).

De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidades distintas da española poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos.

A non presentación da solicitude electrónica será causa de exclusión e non poderá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.

3.2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia presentada.

A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial de calquera dato ou información na declaración, así como a non presentación da documentación cando lles sexa requirida, determinará a non selección e/ou a non formalización do nomeamento, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver o procedemento selectivo.

Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresa e motivadamente no momento da inscrición.

Á vista das propostas de adaptación efectuadas, o reitor ou persoa en quen delegue determinará as medidas de adaptación ás necesidades das persoas con discapacidade que fosen admitidas ao concurso e así o solicitasen.

3.4. O prazo de presentación das solicitudes de participación será de dez (10) días hábiles contados a partir da publicación desta convocatoria no BOE.

3.5. Dereitos de exame.

3.5.1. As persoas aspirantes deberán aboarlle á USC dentro do prazo de solicitude, por cada concurso en que soliciten participar, a cantidade de 44,17 euros en concepto de dereitos de exame.

3.5.2. Estarán exentas do pagamento da totalidade da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame as persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral e as que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Todas as circunstancias que supoñen unha bonificación total ou parcial das taxas por dereitos de exame deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, achegando a través da aplicación de concursos a copia en pdf da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda. As relativas á condición de demandante de emprego, así como ao feito de non estar percibindo a prestación ou subsidio por desemprego, deberanse acreditar mediante o correspondente pdf dos certificados expedidos polo Servizo Público de Emprego e deberán incorporalos na epígrafe que corresponda.

3.5.3. A persoa solicitante deberá realizar a liquidación de taxas na aplicación informática e o seu aboamento a través dun dos seguintes medios:

1) Pagamento a través do impreso de autoliquidación. Para isto, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria.

2) Pagamento electrónico mediante tarxeta de crédito. Para isto, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico e realizar o pagamento a través da pasarela bancaria a que se dá acceso a través da aplicación informática.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen a totalidade dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que as persoas aspirantes se acollan a unha exención ou bonificación e non xustifiquen esta cuestión, de non o teren feito antes, no prazo de reposición de documentación, serán excluídas do procedemento por non teren feito o pagamento da totalidade das taxas dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. De ser este o caso, o reintegro realizarase de oficio, para o cal terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

En ningún caso a presentación e o pagamento da taxa suporán a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.6. Para calquera aclaración ou información sobre a tramitación electrónica, as persoas solicitantes poderanse pór en contacto co Centro de Atención aos/as Usuarios/as seguindo o procedemento indicado na páxina http://www.usc.gal/gl/servizos/atic/cau/

No caso de non poder formalizar a solicitude mediante a aplicación de concursos dentro dos prazos establecidos, e sempre que o motivo sexa por causas técnicas non imputables á persoa interesada que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede, observarase o que a USC estableza nesta materia para tal fin.

4. Documentación acreditativa de requisitos. Momento de presentación.

4.1. Acreditación de requisitos.

Xunto coa solicitude, e sempre a través do formulario electrónico mencionado no punto 3.1, presentarase a seguinte documentación:

a) Copia dixitalizada en formato pdf do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

As/os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e, de ser o caso, do feito de viviren a expensas ou estaren a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, con quen teñan o dito vínculo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos para algunha das linguas oficiais da USC.

b) Copia dixitalizada en formato pdf do título universitario oficial de doutor/a (anverso e reverso) ou, no caso de títulos expedidos por universidades estranxeiras, da declaración de equivalencia ao nivel académico de doutor/a, conforme o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro. Para a admisión ao proceso selectivo admitirase o xustificante de ter solicitado a declaración de equivalencia, sen prexuízo da necesidade de tela concedida antes do nomeamento.

c) Copia dixitalizada en formato pdf da acreditación ao corpo docente de profesorado titular de universidade ou para outra categoría superior.

Os documentos que así o precisen deberanse presentar traducidos para algunha das linguas oficiais da USC.

As persoas candidatas que pertenzan á Universidade de Santiago de Compostela só deberán presentar os documentos a que se refire este punto que non consten no seu expediente persoal.

Non presentar os documentos especificados nos puntos citados será causa de exclusión, que se deberá emendar no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.

5. Admisión de aspirantes.

5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, nun prazo máximo de dez días hábiles, o Vicerreitorado de Profesorado publicará no taboleiro electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm) unha resolución que aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos.

5.2. Contra esta resolución, e nun prazo máximo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación, ante o reitor, para emendaren os defectos que motivaron a exclusión ou omisión da dita listaxe. Se non o fan, serán excluídas definitivamente do proceso selectivo sen teren dereito á devolución das taxas aboadas.

5.3. Co fin de emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión da listaxe, a persoa aspirante deberá realizar este trámite de emenda a través da aplicación de concursos, formulando as alegacións pertinentes e incorporando, de ser o caso e na epígrafe que corresponda, a documentación requirida.

5.4. Rematado o prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión das persoas aspirantes, o Vicerreitorado de Profesorado aprobará e publicará, no prazo máximo de dez días hábiles, a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, no lugar indicado na base 5.1.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou.

5.5. A inclusión na listaxe definitiva de admitidos/as non prexulga o cumprimento dos requisitos normativamente exixidos para ser nomeado funcionario/a de carreira. A posesión dos requisitos exixidos terá que acreditarse no seu momento.

6. Comisións de selección.

6.1. O concurso obxecto desta convocatoria será resolto polas comisións indicadas no anexo II e terá lugar, con carácter xeral, no centro que se sinala no anexo I. De acordo co establecido no artigo 34 do Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, o curriculum vitae dos membros da Comisión de Selección poderá ser consultado polas persoas interesadas, mentres dure o proceso, na páxina web da USC (https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente).

Se, por causas xustificadas, o concurso non pode ter lugar no centro previsto, a nova situación deberase publicar no taboleiro electrónico con, como mínimo, dous días de antelación con respecto á data prevista de realización daquelas probas que requiran a presenza dos candidatos.

6.2. Os membros da Comisión deberanse abster de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos, en calquera momento do procedemento, cando concorra neles algunha das situacións previstas no artigo 23 da LRXSP. De conformidade co artigo 8 do Regulamento de selección de profesorado da USC, os membros das comisións de selección deberán declarar os seus posibles conflitos de intereses e, no caso de que concorra neles algunha das circunstancias previstas no dito artigo, solicitar a renuncia a formar parte da Comisión.

6.3. Unha vez resoltos os casos de renuncia, abstención ou recusación que se presentasen, as persoas afectadas serán substituídas polos seus respectivos suplentes. No suposto de que concorra algunha das circunstancias de impedimento antes mencionadas tamén no suplente, a súa substitución farase por orde correlativa de nomeamento entre os suplentes.

6.4. As comisións de selección constituiranse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Para isto, a persoa titular da Presidencia da Comisión, logo de consultar cos restantes membros, convocará os membros titulares e, de ser o caso, os suplentes, para proceder ao acto de constitución da Comisión, con indicación do lugar e da data. A convocatoria para o acto de presentación de candidaturas realizarase a través do taboleiro electrónico e incluirá o lugar, a data e a hora de realización.

No acto de constitución, a Comisión de Selección aprobará e publicará no taboleiro electrónico da USC os criterios de valoración dos méritos e os criterios para o acceso das persoas aspirantes ás distintas fases. En todo caso, a puntuación exixida para superar cada unha das fases non poderá ser superior ao 50 % da cualificación máxima asignada. Polo demais, os criterios deberán axustarse ás pautas que se indican no baremo recollido no anexo III.

6.5. O acto de constitución e a aprobación dos criterios de valoración poderá ser realizado de maneira presencial ou telemática.

7. Desenvolvemento do concurso.

7.1. Acto de presentación.

7.1.1. No acto de presentación, que será público, as persoas candidatas entregaranlle ao/á presidente/a da Comisión unha copia en soporte dixital, con forma de lapis de memoria USB, do seu curriculum vitae, do seu proxecto de actividades docentes e do seu proxecto investigador. Ademais, neste mesmo acto deberase entregar a documentación acreditativa dos méritos alegados, que se poderá presentar en formato pdf no soporte dixital anteriormente indicado, ou ben en papel, e sempre segundo os requisitos establecidos no anexo IV.

a) O curriculum vitae.

Para a elaboración do curriculum vitae, as persoas candidatas poderán empregar calquera formato, preferentemente normalizado. En calquera caso, a documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse seguindo a mesma orde empregada no curriculum.

Recoméndase que no curriculum vitae se fagan constar, naquelas epígrafes en que proceda, os indicios de calidade de cada un dos méritos alegados.

b) O proxecto de actividades docentes.

O proxecto de actividades docentes terá unha extensión máxima de 100.000 caracteres (espazos incluídos) e deberá referirse á materia indicada no anexo I desta convocatoria ou, na súa falta, a unha materia obrigatoria ou de formación básica adscrita á área de coñecemento de que se trate, das cursadas para a obtención de títulos de carácter oficial de grao ou equivalente na USC, que teñan docencia no curso académico en que se realice esta convocatoria.

O proxecto deberá recoller, cando menos, os seguintes aspectos: datos descritivos da materia, sentido da materia no plan de estudos, obxectivos, desenvolvemento do temario, metodoloxía de ensino-aprendizaxe, bibliografía e criterios de avaliación. As persoas aspirantes deberán entregarlle ao/á presidente/a da Comisión de Selección unha copia do texto nun formato electrónico que permita verificar o cumprimento do requisito relativo á extensión.

c) O proxecto investigador.

O proxecto investigador terá unha extensión máxima de 50.000 caracteres (espazos incluídos) e deberá referirse ao proxecto que desenvolverá a persoa solicitante no caso de lle ser outorgada a praza. As persoas aspirantes deberán entregarlle ao/á presidente/a da Comisión de Selección unha copia do texto nun formato electrónico que permita verificar o cumprimento do requisito relativo á extensión.

d) A documentación acreditativa dos méritos alegados poderá presentarse en soporte dixital ou en papel e segundo os requisitos establecidos no anexo IV.

No caso de que as persoas aspirantes opten pola presentación en soporte dixital da documentación acreditativa de méritos, esta deberá organizarse en carpetas ordenadas consonte a estrutura do curriculum vitae.

Se se opta pola presentación en papel, o exemplar da documentación acreditativa terá que ordenarse consonte a estrutura do curriculum vitae. Os documentos que non sexan libros ou similares deberán estar numerados en cada unha das súas páxinas e encadernados ou suxeitos de calquera outro modo que os manteña unidos de maneira sólida e impida a perda da documentación. Os libros e outros materiais non encadernables deberán presentarse en arquivadores ou similares, numerados, no caso de que se entregue máis de un, e identificados co número do concurso e o nome da persoa aspirante. Co fin de facilitar a súa localización, recoméndase que en cada un dos méritos relacionados no curriculum vitae se indique o número de orde da carpeta ou do arquivador que os contén.

A persoa que exerza a Presidencia da Comisión requiriralles ás persoas aspirantes que ordenen a documentación consonte o recollido no parágrafo anterior, no caso de que a documentación presentada non cumpra os requisitos descritos.

7.1.2. Nos proxectos de actividades docentes e nos proxectos investigadores que incumpran os requisitos de extensión fixados, a Comisión de Selección só se terá en conta a parte do documento que non exceda a devandita extensión.

7.1.3. O/a secretario/a da Comisión garantirá que a documentación entregada polas persoas concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas por todas as persoas candidatas presentadas que o desexen.

7.1.4. As probas deberán comezar nun prazo máximo de dez días desde o acto de presentación.

7.1.5. No acto de presentación, os membros da Comisión de Selección poderán actuar a través de sistemas de videoconferencia. No lugar de realización do acto deberá estar presente, ademais das persoas aspirantes, cando menos o presidente ou o secretario da Comisión.

7.2. Realización das probas.

7.2.1. O concurso de acceso á praza do corpo de profesorado titular de universidade constará de dúas probas, que serán públicas, cada unha delas de carácter eliminatorio:

a) A primeira proba terá unha valoración máxima de 100 puntos e consistirá na exposición e defensa oral dos méritos e historial académico, docente, investigador, de xestión e, se é o caso, sanitario-asistencial de cada persoa candidata. A exposición non poderá exceder os sesenta minutos, e irá seguida dun debate coa Comisión durante un tempo máximo de dúas horas.

No caso de que exista unha única persoa aspirante, a Comisión, logo de análise da documentación presentada por esta, se considera por unanimidade que resulta suficiente para a superación da proba, poderá eximila da exposición oral e posterior debate.

Rematada a proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

Concluída a realización da primeira fase, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico. A Comisión indicará a relación de aspirantes que pasan á segunda fase e convocará para a realización do exercicio correspondente. A publicación incluirá́ a data, a hora e o lugar de realización.

b) A segunda proba consistirá na exposición oral, en sesión pública, do proxecto de actividades docentes e do proxecto investigador, durante un tempo máximo de noventa minutos. Seguidamente, a Comisión debaterá coa persoa aspirante á praza sobre os contidos da súa exposición durante un tempo máximo de dúas horas.

Rematada a proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

O proxecto de actividades docentes e o proxecto investigador terán unha valoración máxima de 50 puntos cada un.

c) A puntuación final de cada aspirante será o resultado da suma das puntuacións obtidas na primeira e na segunda proba.

7.2.2. A orde de actuación das persoas aspirantes nas probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra «F», de conformidade co establecido na Resolución do 21 de xaneiro de 2025 da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia (DOG do 24 de xaneiro).

7.2.3. Nestas probas, os membros da Comisión de Selección poderán actuar a través de sistemas de videoconferencia. Non obstante, no lugar de realización das probas deberá estar presente fisicamente, ademais das persoas aspirantes, cando menos o presidente ou o secretario da Comisión.

8. Proposta de provisión.

8.1. No prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao da finalización das probas correspondentes, a Comisión elaborará unha proposta de provisión que incluirá a relación de todas as persoas candidatas que sexan consideradas aptas para ocuparen a praza, ordenadas pola puntuación final acadada no proceso (de maior a menor). No caso de que ningunha das persoas candidatas obteña a puntuación mínima establecida nos criterios, a Comisión elaborará unha proposta de non provisión. A proposta de nomeamento ou de non provisión farase pública no taboleiro electrónico da Universidade.

Unha vez publicada, a Comisión de Selección remitirá o expediente completo ao Vicerreitorado con competencias en profesorado, xunto coa documentación achegada polas persoas aspirantes, de ser o caso.

Rematado o procedemento, a documentación achegada polas persoas concursantes quedará ao seu dispor no Vicerreitorado con competencias en materia de profesorado, de onde deberán retirala. Non obstante, no caso de interposición de recurso, a documentación non se poderá retirar ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

8.2. Contra a proposta de provisión, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación ante o reitor, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico. A reclamación será valorada por unha comisión de reclamacións nos termos e consonte o procedemento establecido no artigo 33 do Regulamento. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. No prazo máximo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación da proposta de nomeamento, o/a candidato/a proposto/a en primeiro lugar pola Comisión de Selección terá que acreditar o cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 30 do Real decreto 678/2023 e os requisitos xerais para o acceso á función pública, de acordo coa lexislación aplicable. Unha vez efectuada esta acreditación, o reitor procederá ao seu nomeamento como funcionario/a de carreira do corpo de que se trate. Os requisitos deberá acreditalos mediante:

a) Copia compulsada dos títulos académicos requiridos para a praza para a cal foi proposto/a.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar, de conformidade co establecido no artigo 7.2 do Real decreto 543/2001, do 18 de maio, sobre acceso ao emprego público na Administración xeral do Estado e os seus organismos públicos de nacionais doutros Estados a que é de aplicación o dereito á libre circulación de traballadores/as, que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

c) Acreditación do requisito exixido na base 2.1.1.c) de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade, mediante a certificación médica oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

d) Acreditación do requisito exixido na base 2.1.1.e), que se deberá axustar ao seguinte:

A persoa candidata proposta para ocupar o posto de profesor/a titular de universidade deberá acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente. O coñecemento do español acreditarase mediante certificado de lingua española como lingua estranxeira de nivel B2 ou superior. As persoas que sexan nacionais de Estados que teñen o español como lingua oficial non terán que acreditar o seu coñecemento. A acreditación do coñecemento do idioma galego farase mediante o certificado de lingua galega Celga 3 ou equivalente.

De non acreditar o coñecemento das linguas oficiais da USC antes da toma de posesión, a persoa candidata proposta terá un prazo máximo dun ano para facelo a través dos documentos citados no parágrafo anterior. De non ser así, a USC realizaralle ao/á candidato/a proposto/a unha proba específica, que terá lugar antes de que transcorran dous anos desde a toma de posesión.

9.2. Aquelas persoas que teñan a condición de funcionarios/as públicos/as de carreira en activo estarán exentas de presentar os documentos mencionados nas letras b) e c) do punto 9.1. No seu lugar, deberán presentar certificación da Administración de que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

As persoas candidatas que pertenzan á Universidade de Santiago de Compostela só deberán presentar aqueles documentos a que se refire o punto 9.1 que non consten no seu expediente persoal.

A documentación deberá presentarse en:

– Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador-Colexio de San Xerome-Santiago de Compostela.

– Vicexerencia-Edificio Biblioteca Intercentros-Lugo, se a praza foi convocada para Lugo.

Agás supostos de forza maior, quen non presente a documentación referida, ou cando do seu exame se deduza que carece dos requisitos exixidos, decaerá no seu dereito a desempeñar o posto para o cal foi seleccionado/a, e a Universidade procederá ao nomeamento da persoa proposta na seguinte posición.

9.3. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela efectuará o nomeamento como funcionario/a de carreira da persoa candidata proposta en primeiro lugar pola Comisión, unha vez que esta presente en prazo a documentación exixida no punto 1 desta base. No caso de que a primeira persoa candidata proposta non acredite en tempo e forma os aspectos sinalados no parágrafo anterior, o reitor procederá, de xeito sucesivo, ao nomeamento das seguintes persoas propostas segundo a orde establecida pola Comisión de Selección, logo da acreditación por estas dos mencionados requisitos en idéntico prazo de vinte días.

9.4. O nomeamento, que especificará a denominación da praza con indicación da área de coñecemento e do corpo a que pertence, será publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e comunicado aos rexistros correspondentes para efectos do outorgamento do número de rexistro de persoal e da inscrición no corpo respectivo, así como ao Consello de Universidades.

9.5. No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a de carreira do corpo docente universitario de que se trate. No momento da toma de posesión, a persoa candidata deberá presentar declaración de non estar afectada de incompatibilidade, ou opción no caso de ter outro traballo no sector público.

9.6. Se a persoa candidata non toma posesión dentro do prazo sinalado no punto 9.5 desta base, agás supostos de forza maior debidamente acreditados e sen prexuízo do establecido no artigo 10, in fine, da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, perderá o dereito a desempeñar o posto para o cal foi seleccionada e procederase ao nomeamento da persoa candidata proposta na seguinte posición.

9.7. Serán de aplicación ao persoal nomeado en virtude desta convocatoria as normas contidas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, na Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, e demais normativa de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e as súas normas de desenvolvemento.

10. Protección de datos.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos

11. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da LPACAP.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de prazas

Profesoras e profesores titulares de universidade.

Nº de concurso: 2T/25.

Nº de prazas: 1 (C02060).

Área de coñecemento: Historia Contemporánea.

Departamento: Historia.

Perfil: Historia ambiental (G3053105).

Centro: Facultade de Xeografía e Historia.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Comisións de selección

Nº de concurso: 2T/25.

Corpo: titular de universidade.

Área de coñecemento: Historia Contemporánea.

Comisión titular

Presidente

Villares Paz, Ramón

Profesor emérito

Universidade de Santiago de Compostela

Secretaria

Muñoz Abeledo, Luisa María

Profesora titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

1º vogal

Jover I Avellà, Gabriel

Profesor titular de universidade

Universidade de Girona

2ª vogal

Botella Rodríguez, Elisa

Profesora titular de universidade

Universidade de Salamanca

3ª vogal

Congost Colomer, Rosa

Catedrática de universidade

Universidade de Girona

Comisión suplente

Presidenta

Baz Vicente, María Jesús

Profesora titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario

Lanero Táboas, Daniel

Profesor titular de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

1º vogal

Bertomeu Sánchez, José Ramón

Catedrático de universidade

Universidade de Valencia

2ª vogal

Sanz Lafuente, Gloria

Profesora titular de universidade

Universidade Pública de Navarra

3ª vogal

Vilar Rodríguez, Margarita

Profesora titular de universidade

Universidade da Coruña

ANEXO III

Baremo para a valoración dos méritos e do historial
das persoas candidatas

Para as diferentes epígrafes do baremo establécese unha valoración máxima. No suposto de que algunha persoa aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todas as persoas aspirantes na epígrafe de que se trate.

1. Traxectoria investigadora e de transferencia (máximo de 45 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

1.1. Difusión da actividade investigadora.

1.1.1. Publicacións científicas.

1.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

1.2. Proxectos e contratos de investigación.

1.2.1. Participación en proxectos de investigación.

1.2.2. Participación en contratos de investigación.

1.3. Bolsas e contratos de investigador/a.

1.3.1. Bolsas e contratos pre e posdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

1.3.2. Bolsas e contratos pre e posdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

1.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións.

1.5. Estadías en centros de investigación ou outras institucións de educación superior.

1.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

2. Traxectoria docente (máximo de 45 puntos; 35 no caso de prazas con vinculación asistencial). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

2.1. Dedicación docente.

2.1.1. Docencia en titulacións universitarias oficiais.

2.1.2. Docencia en ensino oficial non universitario.

2.1.3. Dirección de traballos académicos.

2.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.).

2.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

2.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

3. Experiencia asistencial (máximo 20 puntos, só para prazas con vinculación asistencial).

4. Outros méritos relevantes para a praza (máximo 10 puntos).

4.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

4.2. Mobilidade.

4.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

4.4. Acreditación ou habilitación para unha figura de categoría superior á da praza en concurso.

4.5. Outros.

5. Proxecto de actividades docentes (máximo 50 puntos).

6. Proxecto investigador (máximo 50 puntos).

Profesorado titular

ANEXO IV

Acreditación dos méritos

Con carácter xeral, a documentación acreditativa dos méritos deberá reunir os requisitos establecidos neste anexo. Correspóndelle á Comisión de Selección determinar se a documentación achegada polas persoas candidatas cumpre co establecido neste anexo, de xeito que permita acreditar de maneira fidedigna o mérito alegado e conteña a información necesaria para a súa correcta valoración. A Comisión de Selección poderá admitir e valorar os méritos alegados polos candidatos sempre que, ao seu xuízo, os documentos presentados non ofrezan dúbidas sobre a súa autenticidade e permitan acreditar de maneira fidedigna os datos necesarios para a valoración de mérito concreto. De utilizar esta facultade, a Comisión de Selección deberá facelo constar na acta de valoración. No caso de que a documentación presentada non sexa a idónea ou non conteña a información necesaria, o mérito alegado non será valorado por parte da Comisión de Selección.

Serán obxecto de valoración exclusivamente os méritos relacionados polas persoas concursantes para cada epígrafe, sempre que se posúan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e que dentro do dito prazo estean correctamente acreditados.

1. Traxectoria investigadora e de transferencia.

1.1. Difusión da actividade investigadora.

1.1.1. Publicacións científicas.

No caso de publicacións accesibles a través de repositorios, ligazón á páxina correspondente.

No caso de artigos e capítulos de libros, pdf co texto íntegro ou, en todo caso, coa copia da primeira e da última páxina. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de libros, pdf co texto íntegro ou, en todo caso, copia da portada e das páxinas en que figuren os créditos do libro (autor/a ou editor/a, editorial, ISBN, data de publicación...) e o índice.

No caso de traballos aceptados para publicación ou en prensa, carta asinada polo/a editor/a da revista ou polo/a responsable da editorial, en que se fagan constar a aceptación e o estado da publicación. Non se aceptarán correos electrónicos.

1.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

No caso de traballos publicados, ligazón a un repositorio dixital en que se encontre o texto ou ben pdf co texto íntegro ou, en todo caso, coa portada, índice e créditos da editorial e primeira e última páxinas da contribución.

No caso de traballos non publicados, documento que acredite a denominación do congreso ou reunión científica, a súa data e lugar de realización, así como o tipo de participación e o pdf coa copia do resumo ou da presentación.

1.2. Proxectos e contratos de investigación.

1.2.1. Participación en proxectos de investigación.

Copia do documento oficial de concesión, en que se acredite a participación da persoa interesada e que, ademais, indique o tipo de participación, a duración do proxecto e a subvención total concedida, ou ben certificado da universidade ou do centro de investigación onde figuren estes datos.

1.2.2. Participación en contratos de investigación.

Certificado da universidade ou do centro de investigación, en que se acredite a participación da persoa interesada e que, ademais, indique a actividade obxecto do convenio ou do contrato, a función desenvolvida pola persoa aspirante, a duración e o importe.

1.3. Bolsas e contratos de investigador/a.

1.3.1. Bolsas e contratos pre e posdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

Copia do contrato ou do documento de concesión por parte do organismo financiador e certificación emitida polo centro ou institución receptora, en que consten as datas do seu inicio e finalización, e a área de coñecemento a que se adscribe a bolsa ou contrato.

Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola universidade ou entidade receptora, en que se certifique o tipo de bolsa/contrato, a súa duración efectiva e a área de coñecemento a que se adscribe.

1.3.2. Bolsas e contratos pre e posdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

Copia do contrato e certificación emitida pola institución en que realizou a actividade, na cal consten:

– Data de inicio e de finalización do contrato.

– Denominación ou obxecto do proxecto, contrato ou convenio en cuxo marco se realizou a contratación.

– Xornada laboral realizada.

– Categoría laboral para a cal foi contratado/a.

– Funcións realizadas en cada contrato.

– Centro de traballo en que se realizou a actividade.

– Investigador/a principal da actividade.

Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola entidade receptora en que se certifiquen os datos sinalados.

1.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia.

No caso de patentes concedidas, copia dos documentos oficiais de rexistro e concesión, así como, de ser o caso, dos documentos que acrediten a súa explotación.

No caso de patentes non concedidas, copia dos documentos que acrediten a solicitude e o estado de tramitación. En todo caso, para poder ser valorada unha solicitude de patente, esta deberá ter superado algunha fase que supoña un indicio de calidade.

No caso de rexistros da propiedade intelectual e doutras actividades de transferencia, incluído, nas especialidades de coñecemento en que proceda, o comisariado ou organización de exposicións e a elaboración de informes técnicos, copia dos documentos que o acrediten.

1.5. Estadías en centros de investigación ou outras institucións de educación superior.

Documentación expedida pola autoridade competente do centro receptor, en que se constaten a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.

Considérase estadía, para estes efectos, o período de actividade docente e/ou investigadora realizado nunha institución distinta da institución en que a persoa aspirante está contratada.

De ser o caso, documento de concesión da axuda para a realización da estadía, expedido pola entidade financiadora.

1.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados.

2. Traxectoria docente.

2.1. Dedicación docente.

2.1.1. Docencia en titulacións universitarias oficiais.

Certificación da Secretaría Xeral da universidade ou da autoridade ou órgano superior equivalente do organismo público de investigación, en que conste a seguinte información:

a) Categoría docente/profesional de cada un dos postos ocupados e, de ser o caso, equivalencia ás figuras de profesorado universitario recollidas na Lei orgánica do sistema universitario.

b) Data de inicio e de finalización da prestación do servizo en cada un dos postos ocupados.

c) Réxime de dedicación en cada un dos postos ocupados. Para o caso dos servizos docentes cuxa dedicación sexa distinta das recollidas no Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario, deberanse acreditar as horas de docencia equivalentes.

d) Materias impartidas, área de coñecemento, titulacións oficiais en que se inscriben, horas docentes impartidas en cada unha delas e curso académico.

Non obstante, a citada certificación da Secretaría Xeral poderá ser substituída, para o caso do persoal que conte con vinculación laboral, pola seguinte documentación:

– Copia dos contratos laborais legalizados e dos documentos xustificativos do período de permanencia en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social (vida laboral). Nesta documentación deberán constar os datos sinalados no punto anterior (data de inicio e fin, réxime de dedicación, etc.).

– Certificación das materias impartidas, área de coñecemento e titulacións oficiais a que pertencen, horas docentes impartidas en cada unha delas e curso académico.

2.1.2. Docencia en ensino oficial non universitario.

Acreditación do organismo público (mediante certificado dos servizos prestados) ou privado (mediante copia do contrato e documento da Seguridade Social ou equivalente), na cal se recollan a actividade docente desenvolvida, a categoría profesional e as datas de realización. Só será computable o ensino impartido na educación regrada que conduza á expedición de títulos oficiais.

2.1.3. Dirección de traballos académicos.

Certificación expedida polo órgano competente da universidade, en que consten o número de traballos dirixidos ou codirixidos, o tipo de traballo a que corresponde cada un, a función realizada e a data de presentación.

2.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.).

No caso de publicacións impresas, pdf, ou ben copia ou exemplar en papel, do texto íntegro ou, en todo caso, copia da primeira e da última páxina. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de material en soporte electrónico, ligazón á páxina correspondente ou pdf ou copia impresa do índice e dos créditos.

2.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

No caso de participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, documentación acreditativa expedida polo órgano competente da universidade, en que consten a actividade realizada e a súa duración.

No caso de publicacións accesibles a través de repositorios, ligazón á páxina correspondente.

No caso de publicacións impresas, pdf co texto íntegro ou, en todo caso, coa primeira e a última páxina do traballo. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de material en soporte electrónico, ligazón á páxina correspondente ou pdf co índice e os créditos.

No caso de estadías docentes, documentación expedida pola autoridade competente do centro receptor, en que se constaten a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.

Certificación ou documentación acreditativa dos restantes méritos alegados.

2.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

Certificación do organismo público ou privado en que se acrediten os méritos alegados.

3. Experiencia asistencial.

Acreditación do organismo público (mediante certificado dos servizos prestados) ou privado (mediante copia do contrato e documento da Seguridade Social ou equivalente), na cal se recollan a actividade desenvolvida, a categoría profesional e as datas de realización.

4. Outros méritos relevantes para a praza.

4.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

Certificación do exercicio de cargos unipersoais recollidos no Catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC (ou equivalentes doutras universidades), na cal se acrediten as actividades de xestión realizadas e as datas de realización.

4.2. Mobilidade.

Certificación ou documentación acreditativa da mobilidade realizada.

4.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

Certificación do organismo público ou privado, en que se acredite este coñecemento.

4.4. Acreditación ou habilitación para unha figura de categoría superior á da praza en concurso.

Certificado de acreditación expedido pola axencia correspondente.

4.5. Outros.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados.