Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a persoa interesada no acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada nova LAMT, LSMT e CT e conexión RBT en Muradelo, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2023/282-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do concello do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si ou representada por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 28 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/282-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: nova LAMT, LSMT e CT e conexión RBT en Muradelo.
Concello: Sobrado.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
9 |
Chousa de Atrás |
15081A03100135 |
Descoñecida |
19.8.2025 |
9.25 |
