DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 21 de maio de 2025 relativa a unha instalación eléctrica no concello de Bande (expediente IN407A 2025/018-3).

Mediante a Resolución do 21 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Bande (expediente IN407A 2025/018-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 27 de maio de 2025

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/018-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: soterramento da LMT CCH802 no tramo entre os apoios núm. 128 e núm. 135.

Situación: lugar de Bande e Martiñán, concello de Bande.

Predio núm. en proxecto: 1. Referencia catastral: 32007A007000020000XI.

Lugar: Outeiro.

Cultivo: labradío.

Titular: descoñecido.

Afectacións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 128.

Predio núm. en proxecto: 2. Referencia catastral: 32007B501000960000GG.

Lugar: Labaza.

Cultivo: labradío.

Titular: descoñecido.

Afectacións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 135.