DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Artefeito Producións, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral, o 19 de maio de 2025, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Artefeito Producións, S. Coop. Galega, acordado na reunión do consello reitor do 19 de xullo de 2024. O seu novo domicilio social é rúa Torreira, número 27B, 15705 concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social