O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Silván e San Salvador (Meis), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Silván presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Silván e a CMVMC de San Salvador, ambas no concello de Meis. Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Caneta, Canliñas, Pedra Ventosa, Pe Redondo e Batán (ID: 2830) da CMVMC de San Salvador.
– MVMC de Outeiros do Grixó (ID: 2834) da CMVMC de Silván.
– MVMC de Silván (ID: 2824) da CMVMC de Silván.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 26.9.2022.
– Acta de conciliación núm. 4/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Meis do 15.12.2022.
– Certificado do 28.10.2022 do secretario da CMVMC de Silván coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 13.10.2022.
– Certificado do 31.10.2022 do secretario da CMVMC de San Salvador coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 23.10.2022.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 29.11.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 740, do COETF de Galicia. A emenda posterior produce a súa modificación.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: HH757H0YYK7C0944.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.613 metros (a lonxitude do deslindamento co MVMC de Outeiros do Grixó é de 915 metros e co MVMC de Silván é de 698 metros) e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01 – x: 523.844,41 y: 4.701.689,97
Punto P02 – x 523.807,21 y: 4.701.785,47
Punto P03 – x: 523.302,50 y: 4.702.101,21
Punto P04 – x 523.140,27 y: 4.702.253,23
Punto P05 – x 522.916,76 y: 4.702.367,77
Punto P06 – x 522.692,19 y: 4.702.463,08
Punto P07– x 522.593,09 y: 4.702.474,96
Punto P08 – x 522.522,65 y: 4.702.528,61
Punto P09 – x 522.502,30 y: 4.702.553,20
O punto P03 é o punto en que converxen os tres MVMC.
No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público hidráulico (PS01, PS02, PS03, PS04, PS05, PS06) polo que nestes tramos non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto PS01– x 522.606,39 y: 4.702.473,37
Punto PS02– x 522.598,85 y: 4.702.474,27
Punto PS03– x 522.588,42 y: 4.702.478,52
Punto PS04– x 522.582,56 y: 4.70.2482,98
Punto PS05– x 522.536,35 y: 4.702.518,18
Punto PS06– x 522.529,44 y: 4.702.523,44
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios. O deslindamento entre ambos os montes veciñais está formado por catro tramos:
Tramo 1: do punto P01 o punto PS01.
Tramo 2: do punto PS02 o punto PS03.
Tramo 3: do punto PS04 o punto PS05.
Tramo 4: do punto PS06 o punto P09.
A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Meis e Poio.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Silván: o Servizo de Montes realiza o axuste para pechar o punto inicial e final do deslindamento coa cartografía existente respectando a Sentenza xudicial de menor contía 126/1995 do 16.5.1995 no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cambados.
– CMVMC de San Salvador: a cartografía do esbozo non se modificará con respecto ao punto P01 ata que a CMVMC de San Salvador e a CMVMC de San Xoán de Poio deslinden, xa que, o deslindamento invade lixeiramente o esbozo da CMVMC de San Xoán de Poio.
O Servizo de Montes realiza un axuste desde o punto P09 para pechar a liña de deslindamento coa cartografía existente.
– CMVMC de San Xoán de Poio: o Servizo de Montes modifica o esbozo con base na sentenza mencionada.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Silván e a CMVMC de San Salvador, ambas no concello de Meis, nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 23 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
