O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu na súa reunión do 26.3.2025 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Canicouva (Pontevedra) e Reigosa (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 30.9.2022, o presidente da CMVMC de Canicouva presenta solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Canicouva (Pontevedra) e a CMVMC de Reigosa (Ponte Caldelas).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Pedra Miranda e Saramagoso (ID: 2950) da CMVMC de Canicouva.
– MVMC de Reigosa (ID: 3069) da CMVMC de Reigosa.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 21.9.2022.
– Acta de conciliación núm. 12/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas do 31.3.2023.
– Certificado do 10.4.2024 do secretario da CMVMC de Canicouva coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 20.8.2022.
– Certificado do 17.7.2023 da secretaria da CMVMC de Reigosa coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 19.3.2023.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 14.7.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 760, do COETF de Galicia. A emenda posterior produce a súa modificación.
– Informes de validación gráfica catastral con CSV: VY3J61TQKEF2VVFS (inclúe os deslindamentos DC22110 e DC22109) e 41Q4CBBSM3EPN317 (inclúe os deslindamentos DC22109, DC22110, DC22115, DC22108, DC22085, DC22086).
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 596 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P01 – x: 533.331,74 y: 4.693.610,40
Punto P02 – x: 533.386,17 y: 4.693.470,58
Punto P03 – x: 533.559,61 y: 4.693.059,63
No traballo de gabinete establécense dous puntos de deslindamento secundarios (A, B) para respectar o dominio público hidráulico. Polo tanto, neste tramo non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).
Punto A – x: 533.520,46 y: 4.693.152,40
Punto B – x: 533.520,54 y: 4.693.152,20
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que o deslindamento non afecta terceiros propietarios.
O deslindamento entre ambos os montes veciñais está formado por dous tramos:
Tramo 1: desde o punto P01 ao punto A.
Tramo 2: desde o punto B ao punto P03.
O punto P01 é coincidente co punto P01 do expediente DC22115 (deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Marcón). Polo que, considérase que no dito punto converxen a CMVMC de Canicouva, a CMVMC de Marcón e a CMVMC de Reigosa.
O punto P03 é coincidente co punto P01 do expediente DC22109 (deslindamento entre a CMVMC de Canicouva e a CMVMC de Raña e Aluncia). Polo que, neste punto converxen a CMVMC de Canicouva, a CMVMC de Reigosa e a CMVMC de Raña e Aluncia.
A liña de deslindamento respecta o expediente PO-DESC02/2019 (deslindamento entre a CMVMC de Reigosa e a CMVMC de Raña e Aluncia).
A liña do deslindamento non coincide exactamente coa liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Reigosa: presenta un axuste do esbozo de clasificación desde o punto P03 tomando de referencia o expediente de deslindamento PO-DESC-02/2019 e desde o P01 co resto do esbozo existente (non se acepta o recuamento do esbozo da CMVMC de Reigosa).
– CMVMC de Canicouva: presenta un axuste desde o punto P01 coincidente co expediente DC22115 e un axuste desde o punto P03 coincidente co expediente DC22109.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Canicouva (Pontevedra) e a CMVMC de Reigosa (Ponte Caldelas), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 23 de maio de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
