O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan parcial de ordenación do SUND-4, formulado por iniciativa particular de Luis Gigirey y Otros, C.B., e asinado por Anaya Arquitectos, segundo o documento presentado o 12 de febreiro de 2025, coas condicións sinaladas no citado acordo.
Segundo. Requirir á promotora que presente un documento refundido que integre as reformas sinaladas no punto primeiro.
Terceiro. Logo de que se presente o documento refundido requirido no punto segundo, publicarase o acordo de aprobación definitiva do plan parcial no Diario Oficial de Galicia, así como a normativa urbanística aprobada no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o plan parcial no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG), a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.
Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.
Con data do 4 de marzo de 2025, a promotora presentou un documento refundido que integra as condicións sinaladas no acordo de aprobación definitiva.
Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan parcial, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025
A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
