DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2025 Páx. 33886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO de oferta de emprego público 2025.

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 2025-0378, do 20 de maio de 2025, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2025 segundo a descrición que se recolle a seguir:

Denominación

Grupo

Tipo de vínculo

Nº de prazas

Quenda

Xefe/a de unidade da Administración xeral e apoio á secretaría

C1

Funcionario de carreira. Escala de Administración xeral (administrativa)

1

Libre

Arquitecto/a técnico

A2

Funcionario de carreira. Escala de Administración especial (técnica)

1

Libre

Traballador/a social

A2

Funcionario de carreira. Escala de Administración especial (técnica)

1

Libre

Oficial de obras e servizos

AP

Funcionario de carreira. Escala de Administración especial (subescala S.E.)

1

Libre

Oficial de obras e servizos

V

Persoal laboral

1

Libre

A praza de persoal laboral de oficial de obras e servizos anteriormente relacionada corresponde á baixa rexistrada no ano en curso.

De conformidade co artigo 70 do TREBEP e 48.4 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, o prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos será de tres anos contados desde a publicación esta oferta de emprego público no Boletín Oficial da provincia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que emitiu o acto, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que coide pertinente.

O texto íntegro da resolución atópase publicado e á disposición dos interesados na sede electrónica do Concello de Pazos de Borbén https://pazosdeborben.sedelectronica.gal, no Portal de transparencia, e no taboleiro de anuncios do Concello.

Pazos de Borbén, 20 de maio de 2025

Xosé Luciano Otero Camiña
Alcalde