Na Resolución da Presidencia núm. 2025-0061, do 23 de maio de 2025, aprobáronse as bases que regularán o proceso selectivo para cubrir unha praza vacante incluída na oferta de emprego público do ano 2022: 1 praza de administrativo/a.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 101, do 29 de maio de 2025, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña https://concellodemoana.sedelectronica.gal
Moaña, 3 de xuño de 2025
Leticia Santos Paz
Alcaldesa
