No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 116, do 23 de maio de 2025, e número 125, do 3 de xuño de 2025 (corrección de erros), publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha praza de operario/a de servizos múltiples, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala servizos múltiples, mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
O Corgo, 3 de xuño de 2025
Felipe Labrada Reija
Alcalde
