DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 33975

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 9 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade aos recoñecementos dos núcleos de adestramento deportivo especializado.

No Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 29 de setembro de 2020, publícase o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, a través do cal, no seu artigo 39, se recoñecen os núcleos de adestramento deportivo especializado como o conxunto de medios humanos e materiais xestionados por unha federación deportiva, club deportivo ou sociedade anónima deportiva inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que teña por finalidade a preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel ou ao alto rendemento deportivo.

A través da Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado, determínanse, no artigo 7, os criterios deportivos para os núcleos de adestramento especializado.

Os proxectos recoñecidos correspóndense co interese estratéxico deportivo da propia Comunidade Autónoma, encamiñado á participación dos deportistas galegos e das deportistas galegas en xogos olímpicos ou paralímpicos, campionatos do mundo, campionatos de Europa e outras competicións internacionais de máximo nivel.

Na súa consecuencia, atendendo á proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, do 9 de maio de 2025, con base nos acordos adoptados pola Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, esta Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, con base no anteriormente exposto,

RESOLVE:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos núcleos de adestramento deportivo especializado que foron recoñecidos ata o momento pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, así coma o período de vixencia do seu recoñecemento. A relación incorpórase no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Núcleos de adestramento deportivo especializado (Nades)

Entidade

Resolución

Vixencia

Modalidade

Concello

1

Federación Galega de Hóckey

29.11.2021

29.11.2025

Hóckey

Ourense

2

Club Kayak Tudense

29.11.2021

29.11.2025

Piragüismo

Tui

3

Federación Galega de Surf

29.11.2021

29.11.2025

Surf

Vigo

4

Club Boxeo Kickboxing Coruña

29.11.2021

29.11.2025

Boxeo Kickboxing

A Coruña

5

Federación Galega de Squash, Squash Club Santiago

29.11.2021

29.11.2025

Squash

Vigo-Santiago de Compostela

6

Club Halterofilia Coruña

25.5.2022

25.5.2026

Halterofilia

A Coruña

7

Real Club Deportivo Coruña

19.1.2023

19.1.2027

Fútbol

A Coruña

8

Club Taekwondo Sport Videlgi

17.1.2023

17.1.2027

Taekwondo

Ribeira

9

Club Fluvial de Lugo

22.11.2023

22.11.2027

Piragüismo

Lugo

10

Federación Galega de Karate e D.A.

22.11.2023

22.11.2027

Karate

Santiago de Compostela

11

Club de Loitas Olímpicas Vilalba

22.11.2023

22.11.2027

Loita

Vilalba

12

Federación Galega de Atletismo, Club Santa Uxía de Ribeira

29.1.2025

29.1.2029

Atletismo

Ribeira

13

Club de Ximnasia Universidade da Coruña, Terra Sports Academy

29.1.2025

29.1.2029

Ximnasia

A Coruña