DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Sala de despezamento de vacún no parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca), no concello de Arteixo (expediente 2024/0268).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 4 de xuño de 2025 do proxecto Sala de despezamento de vacún no parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca), no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Alfredo Galván, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade