DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CAZ-LU-0024/2024-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 29 de maio de 2025

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

CAZ-LU-0024/2024-V

33850443D

Acordo de inicio

Polo director territorial