DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2025 Páx. 34087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de maio de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados por un expediente de expropiación no concello de Sarria (expediente IN407A 2023/50-2 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle á persoa interesada pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución e P.E.S. de interruptor telecontrolado. Sarria.

Lugo, 16 de maio de 2025

O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/50-ATE.

Denominación: Substitución e P.E.S. de interruptor telecontrolado. Sarria.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Sarria.

Nº predio

Políg.

Parcela

Cultivo

Lugar

Propietario/a

1

15

545

Monte baixo

Cruce Pozo

Descoñecido/a